DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2024 Páx. 48173

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 2 de agosto de 2024 pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesorado de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesorado de ensino secundario, ao corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesorado de ensino secundario, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG número 32, do 14 de febreiro), convocáronse procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesorado de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesorado de ensino secundario, ao corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesorado especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesorado de ensino secundario, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nas bases décimo primeira, décimo sétima e décimo oitava da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas dos corpos de inspectores de educación, do corpo de profesorado de ensino secundario do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, do corpo de profesorado especialistas en sectores singulares da formación profesional e do corpo de mestres (código de procedemento ED001A) as persoas aspirantes aos ditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 29 de xullo de 2024 (Diario Oficial de Galicia do 23 de xullo) pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos de acceso e ingreso convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG do 14 de febreiro) coa excepción das persoas que teñen concedido un aprazamento da fase de prácticas para o curso académico 2024/25 e que se indican no anexo desta orde.

Segundo. O nomeamento como persoal funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2024 ata o 31 de agosto de 2025.

Terceiro. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Cuarto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións en canto persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no artigo 141 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Á falta de opción expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.

Disposición derradeira única

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a adoptar todas as medidas e ditar as instrucións que considere oportunas para o correcto desenvolvemento e execución desta orde.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO

Relación de adiamentos da fase de prácticas concedidos, para o curso
académico 2024/25, ás seguintes persoas que superaron os procedementos selectivos de ingreso convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024

DNI/NIE

Nome e apelidos

Corpo

Especialidade

***9147**

Alba Rozas Arceo

Profesorado de ensino secundario

Lingua e Literatura Galega

***0806**

Alicia Rioboo Vidal

Profesorado de ensino secundario

Física e Química

***8578**

Iván Claudio Fernández Novoa

Profesorado de ensino secundario

Tecnoloxía

***7585**

Santiago Moroño Arenas

Profesorado de ensino secundario

Equipos Electrónicos

***8679**

Daniel Cajoto Otero

Profesorado especialistas en sectores singulares da formación profesional

Mantemento de Vehículos