DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2024 Páx. 48138

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza de oficial da Policía Local, por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 138, do 16 de xullo de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha (1) praza de oficial de policía, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase oficiais de policía, segundo o previsto na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, encadrada no grupo de titulación C1, nivel de CD 22, pola quenda de promoción interna, mediante o procedemento de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda conforme as bases, publicáranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Marín.

Marín, 1 de agosto de 2024

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta