DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2024 Páx. 47634

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Vicedo

ANUNCIO de convocatoria de praza de auxiliar administrativo da Administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 185, do 10 de agosto de 2024 publícase a convocatoria e bases que rexerán, polo sistema de oposición libre, o proceso selectivo dunha praza de auxiliar administrativo, pertencente á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda, de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello do Vicedo.

O Vicedo, 13 de agosto de 2024

José Jesús Novo Martínez
Alcalde