DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2024 Páx. 47337

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de agosto de 2024 polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta modificación da relación de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia xustifícase dentro do actual contexto de funcionarización de postos de traballo de categorías profesionais de persoal laboral en postos de persoal funcionario do corpo, escala e especialidade, conforme o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2020).

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 5 de agosto de 2024, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo superior da Administración xeral, escala de sistemas e tecnoloxías da información; e no corpo facultativo superior de Administración especial; escala de sistemas de información xeográfica; escala de enxeñeiros (especialidade de enxeñaría de montes); escala de ciencias (especialidades de química, bioloxía); escala de veterinarios; escala de facultativos (especialidades de medicina, psicoloxía, pedagoxía, bibliotecas) subgrupo A1; no corpo de xestión da Administración xeral, escala de xestión de sistemas de informática e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial; escala de enxeñeiros técnicos (especialidades de enxeñaría técnica forestal, agrícola, industrial); escala de arquitectos técnicos; escala de técnicos facultativos (especialidades de educador social, logopedia, traballo social, terapia ocupacional); subgrupo A2 e na agrupación profesional do persoal funcionario, subgrupo AP; da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo I a este acordo. Así mesmo, no anexo II figura a modificación de seis postos de traballo de técnico/a instrutor/a en formación ocupacional que xa foron obxecto de funcionarización mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xuño de 2021 (DOG núm. 120, do 25 de xuño).

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 5 de agosto de 2024, relativo á aprobación da modificación das relacións de postos de traballo pertencentes a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file