DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2024 Páx. 47531

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de agosto do 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Union Europea-Next Generation EU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (Diario Oficial de Galicia número 219, do 17 de novembro do 2023), e da Resolución do 3 de xullo do 2024 pola que se amplía o crédito orzamentario inicial (Diario Oficial de Galicia número 133, do 10 de xullo do 2024).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (Diario Oficial de Galicia núm. 219, do 17 de novembro do 2023), e na Resolución do 3 de xullo de 2024 pola que se amplía o crédito orzamentario existente, que será susceptible de financiamento no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU, para a concesión das axudas previstas na Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (Diario Oficial de Galicia núm. 133, do 10 de xullo do 2024).

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2024

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna
do Camiño de Santiago

Solicitante

Proxecto

Partida
orzamentaria

Subvención concedida €

Residencial Monasterio de Oia, S.A.

Rehabilitación para establecemento de restauración no ben de interese cultural mosteiro de Oia

04.A2.761A.770.0

1.879.827,54

Residencial Monasterio de Oia, S.A.

Rehabilitación para establecemento hoteleiro no ben de interese cultural mosteiro de Oia

04.A2.761A.770.0

2.200.000,00

Lighthouse Baiona, Sociedad Limitada

Rehabilitación para restaurante no faro pequeno de Cabo Silleiro

04.A2.761A.770.0

165.477,55

Lighthouse Baiona, Sociedad Limitada

Rehabilitación para hotel e restaurante no faro grande de Cabo Silleiro

04.A2.761A.770.0

412.597,63

Fyneko Real State Investiment Trust, S.L.

Rehabilitación edificio para apartamentos na rúa Alfonso XII (Vigo)

04.A2.761A.770.0

699.201,06