DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2024 Páx. 47302

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionarios de carreira dun oficial electricista, dun oficial de obras e dun encargado de instalacións.

A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolucións do 18.6.2024, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Anxo Telmo Rincón, con DNI ***1937**, para ocupar unha praza de oficial electricista da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición, quenda libre, da modificación da OEP ordinaria do ano 2021.

– José Manuel Sanmartín Rodríguez, con DNI ***3474**, para ocupar unha praza de oficial de obras da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna, da OEP do ano 2023.

– Manuel Pazos Martínez, con DNI ***1137**, para ocupar unha praza de encargado/a de instalacións da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna, da OEP do ano 2023.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente consonte o dereito.

Pontevedra, 17 de xullo de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 5.6.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área
de Servizos non Territorializados