DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2024 Páx. 47162

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2024 pola que se declaran as perdas de dereito ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, cofinanciadas nun 80 % polo fondo Feader.

Mediante a Resolución do 15 de xaneiro de 2024 publicouse a relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, financiadas ao 80 % polo fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), reguladas na Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

O artigo 26 da Orde do 15 de marzo de 2023 establece que as persoas interesadas propostas como beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez días para a aceptación da resolución. Transcorrido o prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada e non será admisible a renuncia posterior. Despois do prazo conferido, presentáronse unha serie de renuncias ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas. Unha vez analizadas as renuncias presentadas, procede declarar a perda de dereito ao cobramento da axuda.

O artigo 26 da citada orde dispón que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo que a notificación se realizará mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Por outra banda, de conformidade co artigo 7.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (de aquí en diante, Fogga), atribuíuse á Dirección do Fogga a potestade de resolver os procedementos de concesión de axudas que se tramiten no ámbito das súas competencias.

De acordo con o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública na web do Fogga a relación das resolucións de perda de dereito ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do plan estratéxico da PAC, ao abeiro da Orde do 15 de marzo de 2023.

As persoas interesadas poden acceder á web, na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac/campá-2023

Segundo. Poñer ao dispor das persoas interesadas as resolucións completas de perda de dereito indicadas no punto primeiro mediante a aplicación para teléfonos móbiles «Sga@pp» dispoñible en Google Play ou en App Store, e no «Portal de axudas PAC» a través da seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Terceiro. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da citada lei.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2024

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

Anexo

Listaxe de solicitantes con perda de dereito ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas (2023-2027)

Número de expediente do recurso

Nome e apelidos

NIF da persoa

Liña

Importe aprobado

1227016000071

Casa Seijas, S.C.

J27417989

9110063

5.113,90

1227031000053

María Carmen Dopacio López

***4873**

9110063

4.151,40