DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 46901

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

O sector da transformación e comercialización de produtos forestais está considerado como un dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento económico da zona rural e para a consolidación e diversificación do seu tecido empresarial. As empresas de aproveitamentos forestais e primeira transformación de produtos forestais son empresas que traballan unicamente no rural, no sector forestal. O monte é unha parte importante da economía en Galicia, cunha poboación maioritariamente rural. A práctica totalidade das empresas de aproveitamentos forestais e primeira transformación de produtos forestais galegas están situadas no rural e traballan nos montes da zona, con persoal da contorna, con efectos positivos no marco da diversificación e dinamización da economía rural. En Galicia, a industria da serra ten unha grande importancia económica e social, e abastécese fundamentalmente de madeira dos montes galegos, ademais da industria de pasta para papel e taboleiros. Está en aumento tamén nos últimos anos o aproveitamento doutros produtos forestais, especialmente a biomasa para producir enerxía.

As axudas ás peme para realizar investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais están recollidas no Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e foron comunicadas por España á Comisión Europea e publicadas na páxina web da Comisión (http://ec.europa.eu/competition/elojade/isef/case_details.cfm?proc_code=3_SA_43021) o 20 de outubro de 2015, coa clave SA.43021 (2015/XA).

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10 do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais.

A disposición adicional sexta da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, autoriza a creación da Axencia Galega da Industria Forestal (en diante, a Axencia) como axencia pública autonómica adscrita á consellería competente en materia de economía e industria, e ten como fins xerais e obxectivos básicos actuar como un instrumento de xestión eficiente no exercicio de funcións relacionadas co impulso da actividade económica asociada ao sector forestal, coa mellora da competitividade das empresas do sector e coa coordinación dos centros de investigación en materia forestal.

Conforme as competencias atribuídas á Axencia no Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, a Axencia é o organismo competente para a xestión destas axudas.

A acción 4.1.3 da Axenda de Impulso da Industria Forestal establece un programa de incentivos á mellora da competitividade da industria forestal galega no marco da cal pretende impulsar a innovación tecnolóxica dun dos sectores estratéxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Con este fin, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, está consignado crédito por importe de 2.670.613,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 14.A4.741A.770.0, código de proxecto 2018 00009, para atender ás axudas da presente resolución. O financiamento desta convocatoria complementarase con 2.329.387,00 € con cargo á dita aplicación e proxecto no ano 2025.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento IN500A) e efectuar a súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia competitiva.

2. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c, 21.1.d, 24 e 25 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE do 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro, e modificado, por última vez, mediante a Decisión de execución da Comisión C (2023) 8731 final, do 6 de decembro.

3. Estas axudas convócanse de acordo co Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro, modificado por última vez mediante a Decisión de execución da Comisión C(2023) 8731 final, do 6 de decembro, e correspóndense coa submedida 8.6 (axuda para os investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais) do programa.

Capítulo I

Bases reguladoras das axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento
Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais, de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do PDR 2014-2020 e descritos no anexo XV, con excepción daqueles solicitantes que, aínda tendo o seu domicilio en áreas definidas como ZDP, soliciten investimentos non fixos para realizar traballos no ámbito territorial do PDR 2014-2020.

Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

2. Os solicitantes da axuda para acadar a condición de persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do seu importe ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.

2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.

3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria-modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).

b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto da axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.

c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.

3. Non poderán acadar a condición de persoas beneficiarias:

a) Aquelas persoas solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarasen unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

d) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros e cando as persoas solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán achegar na súa solicitude a acreditación do nivel de cumprimento mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003 e de acordo co anexo XVII-Acreditación do cumprimento dos prazos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Artigo 3. Investimentos subvencionables

1. Os investimentos que se van subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar/usar antes de presentar a solicitude de axuda nin antes de que se realice a inspección correspondente, segundo proceda. Estas inspeccións son ás que se fai referencia no artigo 12.

2. Poderán ser subvencionables exclusivamente os seguintes investimentos elixibles:

Liña 1: xestión forestal activa.

a) Procesadoras, cortadoras e outros equipamentos de corta destinados á realización de cortas intermedias (desmestas e rareos), así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade do solicitante. Enténdese por este tipo de maquinaria aquela que reúna as seguintes condicións:

1) Largura máxima de 2,75 metros e alcance mínimo do guindastre de 8 metros.

2) Para maquinaria de rodas:

a) Peso máximo de 18,5 toneladas e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm para máquinas de ata 6 rodas.

b) Peso máximo de 20,5 toneladas e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm para máquinas de ata 8 rodas.

3) Para maquinaria de cadeas: peso máximo de 21 toneladas, raio de xiro mínimo ou raio de xiro cero, e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm.

4) No caso de cabezais de corta, deberán dispor de control de xiro, un tamaño máximo de corte de 500 mm e un peso máximo de 1.100 kg.

b) Autocargadores e tractocargadores completos, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade do solicitante. Os autocargadores e tractocargadores para a realización de carga e transporte dos produtos obtidos nestas operacións, deberán dispor dunha capacidade máxima de carga de 12 toneladas e unha largura máxima de equipamento de 2,7 metros.

No caso de tractocargadores, deberán ter as cabinas homologadas para aplicación forestal conforme as normas de seguridade ROPS (ISO 8082-1 ou 8082-2, segundo corresponda), FOPS (ISO 8083:2006) e OPS (ISO 8084:2003), así como o asento xiratorio homologado para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción.

Liña 2: madeira e biomasa.

a) Equipamentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa. Enténdense como equipamentos de medición aqueles instrumentos de medición independentes, así como un conxunto deles sempre que realicen diferentes tipos de medición.

b) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de madeira en rolo ou biomasa.

c) Autocargadores, arrastradores forestais e tractocargadores completos, estes últimos ata 200 kW de potencia, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade do solicitante. Os tractocargadores deberán ter as cabinas homologadas para aplicación forestal conforme as normas de seguridade ROPS (ISO 8082-1 ou 8082-2, segundo corresponda), FOPS (ISO 8083:2006) e OPS (ISO 8084:2003), así como o asento xiratorio homologado para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións e normas exixiranse tamén aos tractores orientados á recollida ou aproveitamento comercial de biomasa.

d) Procesadoras, cortadoras e outros equipamentos de corta, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade do solicitante.

e) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal no monte, esteladoras con capacidade de recollida, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa. Non terán consideración de maquinaria específica nin de procesadora de biomasa os tractores con rozadoras ou trituradoras forestais.

Liña 3: castaña e resina.

a) Maquinaria específica, equipamentos, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da castaña ou da resina no monte.

b) Acondicionamento e instalacións de parques intermedios de almacenamento e/ou clasificación.

c) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recollida, manexo, clasificación, acondicionamento e comercialización de castaña ou resina, e sempre que se cumpra o definido na letra d) do artigo 4.1.

Liña 4: valor engadido na primeira transformación da madeira.

a) Equipos portátiles para a clasificación estrutural da madeira por métodos non destrutivos, sempre que dispoñan de documentación/estudos para a análise das especies empregadas pola empresa. A empresa deberá dispor, ou estar en proceso de obter no prazo máximo dun ano, a implantación da marcación CE para madeira estrutural.

b) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática da madeira estrutural mediante aspectos visuais ou indirectos. No caso de métodos indirectos, deberá disporse de documentación/estudos para a análise das especies empregadas pola empresa. A empresa deberá dispor, ou estar en proceso de obter no prazo máximo dun ano, a implantación da marcación CE para madeira estrutural.

c) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática por calidade tanto da materia prima (troncos) como de produtos serrados intermedios ou finais, mediante a aplicación de escáneres de imaxe, dimensionais, raios X e outros tipos. O emprego desta instalación deberá xustificar a obtención dunha clasificación da madeira cun maior valor engadido.

d) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á obtención de produtos de maior valor engadido baseados na madeira serrada, e que lle permitan abrir novas liñas de negocio á empresa, sempre que se cumpra o definido no artigo 4.1.

e) Acondicionamento, maquinaria e instalacións de primeira transformación para o procesamento da biomasa forestal e a transformación da madeira.

Liña 5: plans e ferramentas de xestión empresarial.

a) Implantación e, de ser o caso, certificación da cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativas de calidade ou garantía, marcación CE e plans de mellora de xestión empresarial.

b) Implantación e certificación, se procede, na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade forestal para o control de custos, calidade e mantemento.

3. Para os efectos destas bases, consideraranse exclusivamente como implementos ou adaptacións aqueles elementos sen capacidade automotriz e que sexan instalados de forma permanente en equipamentos propiedade do solicitante. O resto de elementos sen capacidade automotriz instalados de forma desmontable sobre os equipamentos propiedade do solicitante terán a consideración de apeiros.

4. Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga. Neste caso, subvencionarase unicamente o importe correspondente á opción de compra. A opción de compra deberá realizarse no prazo de execución do investimento.

5. De acordo co recollido no artigo 2, só serán subvencionables os investimentos que se realicen dentro do ámbito territorial do PDR 2014-2020 (anexo XV); por iso, no anexo IV deberá recollerse a localización (parroquia e concello) de cada un dos investimentos que se soliciten, tendo en consideración o seguinte:

a) No caso de maquinaria fixa, instalacións e obra civil: localización en que vaian ser executados os investimentos.

b) Maquinaria móbil, equipamentos de medición ou equipamentos portátiles: localización do domicilio social da empresa ou das instalacións da empresa onde se gardarán os bens.

c) Plans e ferramentas de xestión empresarial: localización do domicilio social da empresa.

No caso de que o solicitante tivera a súa sede social fóra do ámbito territorial do PDR 2014-2020 (anexo XV) mais o investimento obxecto de solicitude fose un equipamento, maquinaria ou apeiro de carácter non fixo, de xeito tal que o uso do dito investimento se vaia producir exclusivamente no ámbito territorial do PDR 2014-2020, a solicitude entenderase elixible.

Artigo 4. Investimentos non subvencionables

1. Non serán subvencionables:

a) A adquisición de terreos, edificacións e mobiliario.

b) A adquisición de maquinaria usada.

c) A maquinaria de simple substitución. Neste senso, non se considerará simple substitución de equipamentos cando se acade no novo investimento, como mínimo, un incremento da capacidade de produción ou da potencia nun 25 por cento, ou cando o novo investimento vai traballar no sitio doutro similar pero supoña un cambio fundamental na natureza da produción, na tecnoloxía empregada ou nas prestacións do equipamento. Só se subvencionará o diferencial de custo entre o novo equipamento e o que vai ser substituído. O valor deste último será verificado pola Administración sobre a valoración do equipamento presentada pola empresa na memoria, que será acompañada dun informe de valoración asinado por un perito con atribucións profesionais na materia e non poderá ter a dita persoa vinculación ningunha co solicitante. No caso de que o solicitante considere que a maquinaria que se vai substituír non ten valor, deberá achegar certificado de desmantelamento. No caso de que non se opte pola substitución, o equipamento non substituído deberá permanecer en propiedade da empresa durante os dous anos seguintes á data da realización do pagamento final á persoa beneficiaria.

d) Ningún proceso que dea como resultado un produto de consumo final. Para os efectos desta resolución, enténdese por produtos de consumo final aqueles bens destinados ao comercio polo miúdo.

e) A obra civil, excepto a necesaria para o acondicionamento do parque de materia prima e produto (sempre e cando non se trate dun produto de consumo final) e para a instalación dos equipamentos de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais ou para almacenamento na propia industria. Non se subvencionarán naves illadas nin só naves en empresas de nova creación.

f) Os gastos de reparación e mantemento.

g) Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de produtos de países non comunitarios.

h) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo.

i) Investimentos e actuacións con axudas financiadas con outros fondos comunitarios ou con fondos non comunitarios se a axuda total supera os límites sinalados no anexo II do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

j) Motoserras, rozadoras manuais e outras ferramentas manuais.

k) Rozadoras de brazo hidráulico articulado.

l) Os investimentos en materiais non duradeiros, tales como os equipamentos de protección individual e a roupa para os traballadores forestais.

m) A construción de camiños e os procesos de comercialización ou transformación a grande escala. Non será subvencionable a produción de planta forestal, envases e embalaxes, mobles e carpintarías.

n) Os investimentos iniciados antes da solicitude de axudas ao abeiro da convocatoria en que se solicita a axuda e/ou sen constancia oficial de non terse iniciado con anterioridade á solicitude, no caso de investimentos en parques intermedios ou en instalacións de primeira transformación de produtos forestais.

Non terán a consideración de iniciados aqueles investimentos para os cales os solicitantes teñen pagos feitos á conta para a súa reserva ou para a planificación da súa fabricación, aínda que estes pagamentos á conta fosen realizados entre o 1 de xaneiro de 2024 e a data de publicación desta resolución. Deberase cumprir, en calquera caso, o recollido no artigo 9.2 en relación coa documentación que debe incluír a solicitude, e o recollido no artigo 10, en relación coa moderación de custos.

En ningún caso, poderán estar executados os investimentos antes da data de publicación desta resolución, ben que, como se recolle no artigo 12, poderán ser executados entre a data de solicitude da axuda e a data de concesión, sempre que isto poida ser verificado mediante inspección comprobatoria ou inspección de non inicio, en función da natureza do investimento.

ñ) Os investimentos para transporte estándar, nin os seus implementos nin adaptacións, que se entenden como aqueles que teñen como finalidade o transporte de bens ou persoas pola vía pública: cabezas tractoras, góndolas, plataformas, etc.

o) O IVE.

Artigo 5. Importe das axudas

1. Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 40 % dos gastos elixibles.

2. De acordo co indicado no artigo 8 do Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, estas axudas poderán acumularse con calquera axuda estatal, sempre que as ditas medidas de axuda se refiran a custos subvencionables identificables diferentes, ou con calquera outra axuda estatal, en relación cos mesmos custos subvencionables, parcial ou totalmente solapados, unicamente se tal acumulación non supera a intensidade da axuda ou o importe da axuda máis elevados aplicables á dita axuda en virtude do dito regulamento. En todo caso, o importe resultante da acumulación non poderá superar a intensidade máxima da axuda sinalada no anexo II do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

3. Cada persoa solicitante só poderá presentar unha solicitude de axuda e a dita solicitude só poderá dirixirse a unha única liña de axudas. A axuda máxima limitarase por solicitante aos 200.000 euros para as liñas 1 e 4 sinaladas no artigo 3; 50.000 euros para a liña 5, e 150.000 euros para as liñas 2 e 3.

Artigo 6. Baremación dos investimentos

1. Para seleccionar os investimentos que se van aprobar establécese un baremo de puntuación de acordo coas puntuacións recollidas no documento de Criterios de selección de operacións PDR Galicia 2014-2020. Para iso, ordénase cada un dos investimentos solicitados de maior a menor puntuación, de acordo co baremo que se indica a continuación. A puntuación resultante será a suma da aplicación dos baremos indicados nas letras a) e b). A puntuación máxima que pode acadar un investimento é de 400 puntos e a mínima, de 200.

As puntuacións outorgaranse de acordo cos seguintes criterios:

a) Puntos segundo o obxecto de investimento (máximo de 200 puntos):

1º. Plans e ferramentas de xestión empresarial: 150 puntos.

2º. Equipamentos de medición de masas forestais ou equipamentos portátiles de clasificación: 200 puntos.

3º. Acondicionamento e instalacións en parques intermedios dos recursos forestais: 150 puntos.

4º. Equipamentos tractocargadores completos, autocargadores, arrastradores e outros equipamentos de saca de madeira: 150 puntos.

5º. Procesadoras forestais e cortadoras: 150 puntos.

6º. Equipamentos completos e implementos que permitan un aproveitamento comercial dos recursos forestais: 150 puntos.

7º. Maquinaria e instalacións para primeira transformación dos recursos forestais: 150 puntos.

8º. Investimentos en bens de equipamento de empresas de aproveitamento dos recursos forestais: 150 puntos.

9º. Cabezais de procesado que inclúan elementos de corte: 100 puntos.

10º. Implementos forestais de maquinaria de desembosque: 80 puntos.

b) Puntos segundo as características da empresa e a finalidade do investimento (máximo de 200 puntos):

1º. Por cada actividade formativa cunha duración mínima de 20 horas realizada por persoas traballadoras da entidade solicitante desde o 1.1.2021 ata a data da publicación da convocatoria (máximo 3 actividades): 15 puntos cada actividade, ata un máximo de 45 puntos.

2º. Empresas establecidas nas parroquias comprendidas na zona demarcada pola presenza no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro), de acordo coas disposicións da autoridade competente en materia de sanidade vexetal, que conten con instalacións fixas para a primeira transformación de madeira ou biomasa ou con domicilio social na zona demarcada cunha antigüidade igual ou superior a cinco anos contados desde a data da publicación da convocatoria: 40 puntos.

3º. Empresas establecidas nas parroquias comprendidas na zona demarcada pola presenza no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro), de acordo coas disposicións da autoridade competente en materia de sanidade vexetal, que conten con instalacións fixas para a primeira transformación de madeira ou biomasa e cuxa finalidade de investimento sexa dotarse da tecnoloxía necesaria para a aplicación das medidas de control do nematodo da madeira do piñeiro, entre outras, secadoiros e esteladoras fixas: 20 puntos.

4º. Empresas con cadea de custodia certificada na data de publicación da convocatoria: 20 puntos por cada sistema de certificación de cadea de custodia (máximo 40 puntos).

5º. Empresas con muller xerente na data de publicación da convocatoria: 35 puntos.

Entenderase que desempeñan funcións de dirección as empresarias individuais, as administradoras e as conselleiras. As funcións de xerencia deberán desempeñarse a tempo completo e indefinido.

6º. Empresas con xerente de idade inferior a 55 anos ou descendentes en activo na empresa na data de publicación da convocatoria: 30 puntos.

7º. Por pertenza a unha asociación profesional do sector na data de publicación da convocatoria: 20 puntos.

8º. Para a liña 1, cando o volume anual de facturación por prestación de servizos nos dous últimos anos (2022-2023) represente cando menos o 50 % na data de publicación da convocatoria: 150 puntos.

9º. Para a liña 4, empresas con marcación CE para madeira estrutural na data de publicación da convocatoria: 50 puntos.

10º. Para a liña 4, empresas que dispoñan da marca de garantía Pino de Galicia na data de publicación da convocatoria: 50 puntos.

2. Para a valoración das actividades formativas observaranse os seguintes criterios:

a) Deben ter un recoñecemento oficial. Entenderase que contan cun recoñecemento oficial as actividades formativas organizadas, financiadas ou homologadas por unha entidade ou organismo do sector público e as impartidas por centros e entidades de formación para o emprego inscritas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego ou, de ser o caso, acreditadas. Tamén serán recoñecidas aquelas actividades impartidas por escolas de negocio.

b) Computaranse as actividades formativas realizadas tanto polo persoal contratado por conta allea como polo persoal en réxime de autónomos.

c) As persoas traballadoras deberán estar en activo na entidade solicitante na data de realización da actividade formativa.

d) Abordarán algunha das seguintes temáticas:

d.1) Habilidades e coñecementos na xestión de aproveitamentos madeireiros, na xestión de aproveitamentos non madeireiros tales como a resina e a castaña, en tratamentos silvícolas e na utilización de maquinaria forestal.

d.2) Habilidades no manexo de maquinaria de primeira transformación, así como de coñecemento dos procesos industriais de serradura, seca, clasificación da madeira e tratamentos preventivos e curativos da madeira que contribúan á súa valorización comercial.

d.3) Competencias profesionais para a caracterización e clasificación de madeiras locais.

d.4) Seguridade e saúde laboral nos procesos da cadea de valor da industria forestal-madeira que incorpore as novidades tecnolóxicas da industria e que permita a reciclaxe profesional neste ámbito. Queda excluída a formación centrada especificamente nos postos de traballo ou funcións de cada traballador, así como a adaptación desta á aparición de novos riscos.

d.5) Competencias para o manexo de software e TIC no ámbito da industria forestal-madeira.

d.6) Habilidades directivas e formación en métodos de xestión, dirección, comercialización e márketing.

d.7) Implantación de procesos de certificación forestal (FSC e PEFC), dilixencia debida, así como métodos para monitorizar a orixe e o destino da madeira (entre outros, mediante tecnoloxía blockchain).

Artigo 7. Selección dos investimentos que se van aprobar

Aprobaranse os investimentos por orde de maior a menor puntuación de acordo co baremo indicado no artigo anterior. No caso de empate na puntuación de corte, e que non haxa orzamento suficiente para conceder a axuda a todos os investimentos coa mesma puntuación, ordenaranse estes segundo a seguinte orde de prioridade e ata esgotar o orzamento:

a) Primeiro. Menor importe de axuda de investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais concedidos ás empresas nos últimos tres anos, contados desde a data de publicación da convocatoria.

b) Segundo. Solicitudes de axuda de investimentos de maior a menor importe.

c) Terceiro. Empresas que, cunha antigüidade igual ou superior a cinco anos contados desde a data de publicación da convocatoria, conten con instalacións fixas para a primeira transformación de madeira ou biomasa ou con domicilio social nas parroquias da zona demarcada pola presenza no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro), de acordo coas disposicións da autoridade competente en materia de sanidade vexetal.

d) Cuarto. Empresas con cadea de custodia certificada.

Artigo 8. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

3. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa beneficiaria.

4. No formulario de solicitude (anexo I) incluiranse as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

g) Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

h) Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

i) Declaración responsable de que esta empresa cumpre coa normativa ambiental vixente.

j) Declaración responsable de que a empresa posúe maquinaria de saca en propiedade (só no caso de solicitar subvención para investimentos cuxa elixibilidade estea supeditada a que a empresa teña maquinaria de saca en propiedade).

k) Declaración responsable de que ningún dos investimentos para os cales se solicita subvención ao abeiro desta resolución vai dar lugar a un produto de consumo final.

l) Declaración responsable de que ningún dos provedores poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

m) Declaración responsable de que a empresa conta cun seguro de responsabilidade civil para as actividades propias da industria forestal, en vigor na data de publicación da convocatoria.

n) Declaración responsable de que a empresa conta, no suposto de ser exixible, cun contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.

o) Declaración responsable de que se desenvolverán dentro do ámbito territorial do PDR 2014-2020 Galicia (anexo XV) as actividades do investimento para o cal se solicita a axuda.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo IV: memoria dos investimentos que se van realizar e das características da empresa para as cales solicita baremación. Neste sentido so serán consideradas aquelas características debidamente consignadas no anexo. Existe un anexo XVI no cal se establecen os prezos máximos de axuda para determinados equipamentos e maquinaria e que haberá que ter presente na solicitude da axuda, dado que se minorarán aquelas solicitudes de subvención por contías maiores.

Este anexo incorporará os criterios de baremación debidamente consignados mediante as seguintes declaracións responsables:

– Declaración responsable co número de actividades formativas realizadas por persoas traballadoras da entidade solicitante desde o 1.1.2021 ata a data de publicación da convocatoria que cumpren cos criterios establecidos no artigo 6.2. De ser requirida, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar este criterio mediante informe oficial da Seguridade Social da vida laboral da entidade solicitante; título, diploma acreditativo ou certificado de asistencia con detalle do contido, data de realización e duración da actividade formativa.

– Declaración responsable de que conta con instalacións fixas para a primeira transformación de madeira ou biomasa ou con domicilio social na zona demarcada cunha antigüidade igual ou superior a cinco anos contados desde a data da publicación da convocatoria nas parroquias comprendidas na zona demarcada do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro), con indicación do concello e nome da parroquia.

– Declaración responsable de que conta con instalacións fixas para a primeira transformación de madeira ou biomasa e cuxa finalidade de investimento sexa dotarse da tecnoloxía necesaria para a aplicación das medidas de control do nematodo da madeira do piñeiro, entre outras, secadoiros e esteladoras fixas desde a data de publicación da convocatoria nas parroquias comprendidas na zona demarcada do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo da madeira do piñeiro), con indicación do concello e nome da parroquia.

– Declaración responsable de que conta con certificado de cadea de custodia (PEFC ou FSC) na data de publicación da convocatoria, con indicación do número de certificado.

– Declaración responsable de que a entidade solicitante conta cunha xerente muller que desempeña funcións de dirección ou xerencia na data de publicación da convocatoria, con indicación do nome, apelidos e DNI ou NIE da dita persoa. De ser requirida, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar este criterio mediante escrituras sociais de constitución ou modificación posteriores ou contrato de traballo, e non será posible acreditar as funcións directivas ou de xerencia mediante a presentación dun poder notarial.

– Declaración responsable de que a entidade solicitante conta cun xerente de idade inferior a 55 anos ou descendentes en activo na empresa na data de publicación da convocatoria, indicación do nome, apelidos e DNI ou NIE da dita persoa. De ser requirida, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar este criterio mediante escrituras sociais de constitución ou modificación posteriores ou contrato de traballo, e non será posible acreditar as funcións directivas ou de xerencia mediante a presentación dun poder notarial, ou tamén o libro de familia e documentación de vinculación do traballador coa empresa (contrato de traballo, autónomo colaborador).

– Declaración responsable de que é ou pertence a unha asociación, organización ou fundación representativa ou relacionada coa cadea de valor da industria forestal-madeira e que desenvolve a súa actividade en Galicia, con indicación do nome da dita entidade. De ser requirida, a entidade solicitante deberá estar en condicións de acreditar este criterio mediante estatutos ou certificado de estar asociada e ao día no pagamento de cotas.

– Declaración responsable de dispor, na data de publicación da convocatoria, dun volume anual de facturación por prestación de servizos no dous últimos anos (sumatorio dos anos 2022-2023) que represente cando menos o 50 %. Só é aplicable a solicitudes da liña 1.

– Declaración responsable de dispor, na data de publicación da convocatoria, de marcación CE (só é aplicable a solicitudes da liña 4) obrigatoria ou voluntaria para algún dos produtos de madeira para a construción que fabrique, con indicación do documento de avaliación europeo (DEE) ou norma harmonizada e o sistema de avaliación e verificación da constancia de prestacións de aplicación (EVCP). De ser requirida, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar certificado de constancia das prestacións do produto, certificado de conformidade do control de produción en fábrica, informe do produto tipo ou xustificación de ter implantado e vixente un sistema de control de produción en fábrica, segundo proceda en función do sistema de avaliación e verificación da constancia de prestacións de aplicación.

– Declaración responsable de que, na data de publicación da convocatoria, é unha empresa cualificada para o uso da marca de garantía Pino de Galicia (só aplicable a solicitudes da liña 4), con indicación da data de expedición do certificado de cualificación. De ser requirida, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar copia do certificado que acredite a disposición da marca de garantía Pino de Galicia.

b) Memoria asinada pola persoa solicitante ou representante onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo IV da presente resolución.

c) Anexo V: relación de maquinaria e instalacións con todos os datos cubertos. En todo caso, deberá recollerse toda aquela maquinaria e instalacións propiedade da empresa que teñen a mesma finalidade que as solicitadas, así como as exixidas para resolver a elixibilidade de determinados investimentos dos recollidos no artigo 3. Nos equipos móbiles deberá incluírse en cada equipo o número de rexistro do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) ou indicarse a súa non inscrición no dito rexistro.

d) Anexo XII: comprobación de datos de terceiras persoas, no caso de muller xerente, de persoa xerente menor de 55 anos e de descendente da persoa xerente en activo na empresa.

e) Documentación xustificativa de acreditación de representación da empresa, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.

f) Documentación acreditativa dos requisitos previos:

1º. Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade.

2º. Certificación de situación censual, no caso de autónomos.

3º. Declaración da condición de peme da solicitante e das empresas vinculadas ou asociadas con esta, segundo os anexos III.1. Declaración relativa á condición de peme (cando o solicitante é unha persoa física ou unha pluralidade de persoas físicas), III.2. Declaración relativa á condición de peme (para persoas xurídicas) e III.3. Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado. A Axencia Galega da Industria Forestal utilizará os medios que considere oportunos para verificar a condición de peme e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

4º. Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 2:

– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do importe deste ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.

– Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.

– Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria-modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).

5º. Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros e cando as persoas solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004, acreditación do nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003 e de acordo co anexo XVII:

– Certificación subscrita pola persoa física ou, no caso das persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente (exclusivamente para persoas físicas e aquelas persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada).

– Certificación dun auditor, informe de procedementos acordados ou xustificante de ter solicitado o dito medio de acreditación.

g) Documentación relativa aos investimentos obxecto de baremación:

1º. No caso de que o investimento non estea incluído na listaxe de investimentos con prezos máximos disposta no anexo XVI, deberán achegarse contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) asinados dixitalmente dos investimentos previstos de tres provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren. Os orzamentos desagregarán perfectamente os investimentos polos cales se solicita a axuda, co fin de que sexan claramente comparables entre eles, e cumprirán co disposto no artigo 10 desta resolución.

2º. No caso dos investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial:

– Memoria asinada detallada do contido que se vai desenvolver.

3º. No caso de acondicionamento ou instalacións en parques intermedios:

– Plano de situación.

– Copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou comunicación previa, segundo proceda.

4º. No caso de investimentos en maquinaria fixa e instalacións:

– Para investimentos en maquinaria fixa ou instalacións: plano de planta, coa distribución de edificacións, maquinaria e instalacións, onde veñan reflectidos os investimentos que hai que realizar.

– No caso de instalacións que así o requiran: copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou comunicación previa, segundo proceda.

– Acreditación da presentación no concello da comunicación previa do inicio de actividade ou apertura do establecemento establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida, ou licenza de actividade para as solicitudes de licenza tramitadas antes da entrada en vigor da devandita lei.

5º. No caso de substitucións de investimentos: memoria razoada da necesidade e os beneficios esperados pola substitución, que debe incluír unha valoración económica do equipamento que vai ser substituído, asinada por un perito con atribucións profesionais na materia. De acordo co establecido no artigo 4 da resolución, xustificarase a non consideración de simple substitución e, no caso de que se declare que o ben substituído carece de valor, deberase achegar declaración de que o equipamento substituído vai ser obxecto de desmantelamento.

6º. No caso de investimentos que teñan unha localización diferente do enderezo do domicilio social da empresa, documentación xustificativa segundo o recollido no artigo 3.6.

7º. No caso de implementos ou apeiros, documentación da máquina base onde serán instalados, coa acreditación de que a propiedade é da empresa solicitante. No caso que a máquina base sexa adquirida con posterioridade á data de solicitude da axuda, achegarase declaración responsable, con indicación do tipo de máquina. No caso de implementos, terase en conta o cumprimento do número 3 do artigo 20.

2. Para que unha solicitude sexa válida, debe achegarse a seguinte documentación mínima:

a) Solicitude de axuda (anexo I) debidamente cuberta.

b) Anexo IV debidamente cuberto.

c) No caso de que o investimento non estea incluído na listaxe de prezos máximos disposta no anexo XVI, contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, segundo o disposto no punto 1.g)1º do presente artigo.

As solicitudes que non conten co contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente a persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.

6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes recollido na respectiva convocatoria de axudas e ata que se dite a resolución no procedemento, non se admitirán modificacións relativas aos investimentos solicitados nin dos elementos que serán obxecto de baremación, sen prexuízo do dereito de desistencia.

Artigo 10. Moderación de custos

1. En todo caso, débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014, da Comisión, de 17 de xullo. Para iso, disporase dun anexo XVI de prezos máximos de axuda para determinados equipamentos e maquinaria, froito dun estudo de prezos de mercado elaborado pola Axencia. Para aquelas unidades non incluídas no dito anexo, será necesario solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, que se presentarán coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán estar asinadas dixitalmente polas persoas provedoras.

d) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, o nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír:

1º. No caso de obra civil e instalacións: a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe.

2º. No caso de subministración de maquinaria e equipamentos: a súa marca e modelo, así como as características técnicas.

3º. No caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

2. Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

3. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

4. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables para os cales, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante o informe dun taxador, perito non vinculado á empresa ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificados de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e coa Facenda da Xunta de Galicia.

d) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

e) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) Consulta do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

g) NIF da entidade solicitante.

h) Imposto de actividades económicas (IAE).

i) Comprobación de datos de terceiras persoas (anexo XII): DNI/NIE da muller xerente, DNI/NIE da persoa xerente menor de 55 anos, DNI/NIE do descendente da persoa xerente en activo na empresa.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e no anexo XII, de ser o caso, así como achegar os devanditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

4. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

Artigo 12. Inspección comprobatoria

1. No caso de investimentos en acondicionamento de parques intermedios ou instalacións neles, ou en instalacións ou maquinaria fixa en empresas de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais, o solicitante deberá solicitar a inspección de non inicio dos investimentos, a cal será realizada pola Axencia, que verificará in situ que os ditos investimentos non foron iniciados. No caso de que se comprobase que os investimentos xa foran comezados, tramitarase o correspondente procedemento de inadmisión da solicitude da axuda para ese investimento.

2. No caso de que se executen investimentos tras a presentación da solicitude de axuda e se desexe empezar a usalos antes de que se dite a resolución de concesión ou antes de presentar a solicitude de pagamento da axuda, no caso de axudas xa concedidas para os ditos investimentos, o solicitante poderá requirir a inspección comprobatoria de execución dos investimentos, co obxecto de que a Axencia comprobe que o equipo é novo, que se corresponde co investimento para o cal se solicitou a axuda e que non comezou a traballar, e deberase acompañar a factura dos investimentos realizados. No caso de que se comprobe que o equipo comezou a traballar ou que presenta evidencias de que a máquina é usada, tramitarase o correspondente procedemento de inadmisión da solicitude de axuda ou de perda do dereito ao cobramento da subvención, segundo corresponda.

Artigo 13. Tramitación

1. A tramitación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

2. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A Dirección da Axencia Galega da Industria Forestal convocará e resolverá as subvencións ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras, e será o órgano encargado da aplicación do réxime sancionador.

4. A Área de Promoción e Calidade Forestal da Axencia Galega da Industria Forestal será a encargada da instrución e do seguimento das subvencións, sen prexuízo das funcións de xestión administrativa recoñecidas á Xerencia.

5. A Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal será a encargada da xestión económico-orzamentaria deste programa e do seguimento da súa execución.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. Na fase de instrución realizaranse de oficio cantas actuacións sexan necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Na fase de instrución verificarase a moderación dos custos propostos seguindo o indicado no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

3. Requiriranse os solicitantes para que, no prazo máximo de dez días hábiles acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, para que os corrixan, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, neste requirimento indicarase que, se non se fixeren, se terán por desistidos da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, no cal se indicarán as causas desta.

5. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á Comisión de Avaliación regulada no artigo 15 para a súa avaliación e valoración en réxime de concorrencia competitiva, conforme os criterios de adxudicación e valoración previstos nestas bases.

6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo dos disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 15. Comisión de Avaliación

1. A Comisión de Avaliación será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes, conforme o procedemento e os criterios establecidos no artigo 6.

2. A composición da Comisión de Avaliación será a seguinte:

a) Presidencia: persoa titular da Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal ou persoa que a substitúa.

b) Tres vogalías nomeadas pola Axencia Galega da Industria Forestal entre os seus membros.

c) Secretaría: persoal funcionario da Axencia, que actuará con voz pero sen voto.

3. Os membros da Comisión serán nomeados polo director da Axencia.

4. A Comisión de Avaliación elaborará unha relación ordenada de todos os investimentos solicitados que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras, con indicación da puntuación outorgada a cada un deles.

Así mesmo, agrupará os investimentos por solicitante e proporase o importe da axuda aprobada e as fontes de financiamento, tendo en conta o disposto no artigo 5.

De ser o caso, a Comisión elaborará unha lista de agarda coa relación de investimentos aprobados para os cales non se propón a concesión da subvención por esgotamento do orzamento dispoñible. A Xerencia poderá acordar activar a lista de agarda no suposto de que algunha persoa beneficiaria renuncie á subvención concedida ou decaia no dereito á súa percepción; neste caso, os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos investimentos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

5. A Comisión de Avaliación emitirá un informe final no cal figurarán de forma individualizada e motivada os investimentos para os cales se propón a concesión da axuda, coa identificación da persoa beneficiaria e da puntuación obtida no proceso de baremación.

Artigo 16. Resolución

1. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola Comisión de Avaliación ao director da Axencia Galega da Industria Forestal.

2. Á vista da proposta formulada e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao non seren tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que os aducidos polas persoas interesadas, o director da Axencia ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación dos investimentos, que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de tres meses, contado desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sen prexuízo da obriga legal de resolver pola Administración, a persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lle notificou resolución expresa.

Artigo 17. Notificación das resolucións do procedemento

1. Todas as resolucións serán notificadas ás persoas interesadas nos termos establecidos nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015. A notificación farase exclusivamente a través de medios electrónicos.

Nas notificacións indicarase de modo expreso que a subvención se concede ao abeiro da submedida 8.6 do PDR de Galicia 2014-2020 e que esa actuación se enmarca na prioridade 8 do desenvolvemento rural da Unión Europea.

2. A resolución de concesión expresará o importe total da axuda que lle corresponde a cada persoa beneficiaria, así como a súa distribución por anualidades.

3. Unha vez notificada a resolución, e sen prexuízo dos recursos que procedan, se transcorridos dez días hábiles desde a notificación a persoa interesada non comunica expresamente a súa renuncia á subvención (anexo VI), entenderase que a acepta tacitamente, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiaria.

No caso de renuncia á subvención por algunha das persoas beneficiarias, o órgano concedente acordará, sen necesidade dunha nova convocatoria, a concesión da subvención ao investimento ou investimentos seguintes conforme a súa puntuación, coa condición de que coa renuncia por parte dalgunha das persoas beneficiarias se liberase crédito suficiente para atender polo menos un dos investimentos aprobados e denegados por insuficiencia de crédito.

Presentar a renuncia total ás axudas fóra do devandito prazo ou non presentar a renuncia nos casos de incumprimento total do investimento subvencionado, tal como queda definido o incumprimento total no artigo 21.9, suporá que a empresa non poderá solicitar axudas para os investimentos recollidos nesta resolución nas dúas seguintes convocatorias.

4. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo, ante o presidente da Axencia segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 18. Modificación da resolución

1. Logo da notificación da resolución de concesión, se a persoa beneficiaria precisa introducir calquera tipo de modificación sobre os investimentos subvencionados, solicitará autorización da Axencia utilizando o modelo normalizado (anexo VII), xustificará as razóns do cambio e xuntará a oportuna actualización do expediente que recolla as variacións respecto dos investimentos solicitados. O prazo para solicitar a modificación dos investimentos subvencionados será ata un (1) mes anterior á finalización do prazo para a xustificación final dos investimentos, no caso de subvencións cunha única anualidade. No caso de dúas anualidades, o prazo será ata un (1) mes anterior á finalización do prazo para xustificar a primeira anualidade.

2. Poderanse modificar os investimentos inicialmente aprobados sempre que os novos investimentos propostos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supor discriminación a terceiros e que non comporte a modificación da puntuación acadada pola aplicación dos criterios de selección.

3. A autorización ou denegación da modificación realizarase mediante resolución da Dirección da Axencia por proposta do órgano instrutor, logo de instrución do correspondente expediente de modificación.

4. A modificación da resolución estará suxeita ás seguintes condicións:

a) As modificacións consideraranse de xeito independente por investimento. Deste xeito, aquelas que supoñan incrementos do importe dun investimento subvencionable non comportarán un incremento do importe da subvención concedida.

No caso de modificacións que supoñan a redución do importe subvencionable dun investimento, o importe reducido da subvención concedida non poderá trasladarse a ningún outro investimento.

b) Será admisible a redución do importe total de cada un dos investimentos considerado como subvencionable na resolución de concesión, se non supera o 40 % do seu valor.

c) Non se admitirán modificacións que supoñan un cambio de persoa beneficiaria.

d) As modificacións que afecten os gastos incluídos na solicitude de axuda deberán cumprir cos requisitos do artigo 10 destas bases.

e) Só se admitirán modificacións que sexan entre investimentos que teñan a mesma puntuación no baremo, de acordo co artigo 6.1.a).

f) No caso de modificacións que dean lugar a cambios nos investimentos, incluída a súa localización, deberá terse en conta o establecido no artigo 12 destas bases relativo ás inspeccións comprobatorias.

Artigo 19. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e, rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 20. Documentación xustificativa que se presentará para o pagamento da axuda

1. Para o pagamento parcial da axuda deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento da axuda (anexo VIII), na cal se incluirán as seguintes declaracións responsables:

– Declaración responsable de que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

– Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

– Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

– Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

– Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

– Declaración responsable de que esta empresa cumpre coa normativa ambiental vixente.

– Declaración responsable de que a empresa mantén o cumprimento dos requisitos que condicionaron a obtención da axuda e das condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes.

– Declaración responsable de que ningún dos investimentos para os cales se concede a subvención ao abeiro desta resolución vai dar lugar a un produto de consumo final.

– Declaración responsable de que ningún dos provedores está asociado nin vinculado coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

– Declaración responsable de que a empresa posúe maquinaria de saca en propiedade (só no caso de subvención concedida para maquinaria que a teña supeditada a que a empresa teña maquinaria de saca en propiedade).

– Declaración responsable de que se desenvolverán dentro ámbito territorial do PDR 2014-2020 Galicia (anexo XV) as actividades do investimento para o cal se solicita a axuda.

b) Copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do investimento subvencionable, e documentación acreditativa do pagamento, que deberán cumprir o indicado no anexo XIII.

c) Relación ordenada dos investimentos e dos pagamentos efectuados (anexo XI).

d) Declaración da persoa beneficiaria sobre axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas para os mesmos investimentos, segundo o anexo IX, cos datos actualizados.

e) Certificado de depósito de aval bancario na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, se procede.

2. Para o pagamento final da axuda deberá presentar:

a) A documentación recollida no número 1 deste artigo.

b) A actualización da ficha coa relación de maquinaria e instalacións, segundo o anexo V da resolución.

c) Memoria dos investimentos realizados (anexo X), coa explicación das diferenzas entre os traballos previstos e os realizados, declaración da distribución de empregados na empresa.

d) Memoria asinada pola persoa beneficiaria ou representante, segundo o punto 2 do anexo X desta resolución, con indicación das actuacións executadas, obxectivos alcanzados e a súa importancia na actividade futura da persoa beneficiaria.

e) Certificado de conformidade do provedor da factura presentada e do pagamento correspondente, onde figure o importe e a data da factura e do pagamento e o obxecto facturado claramente identificado, con marca, modelo e número de bastidor, e farase constar que se trata dun equipo novo.

f) No caso de instalacións fixas, informe fotográfico acreditativo do cumprimento das medidas de publicidade e difusión recollidas no artigo 27 da resolución.

3. Ademais, coa solicitude de pagamento final, as persoas beneficiarias deberán presentar a seguinte documentación específica dos investimentos obxecto da axuda:

a) No caso de plans e ferramentas de xestión empresarial:

1º. Implantación e certificación, se procede, de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade forestal para o control de custos, calidade e mantemento: informe de implantación e certificado, se procede.

2º. Cadea de custodia: certificado emitido por unha entidade certificadora acreditada.

b) No caso de maquinaria móbil:

1º. No caso de maquinaria que se matricule: permiso de circulación e ficha técnica en que se recollan instalados de forma permanente os implementos e adaptacións subvencionados que foron instalados sobre a máquina base.

2º. No caso de maquinaria que non se matricule: certificado de homologación do conxunto máquina base –modificacións–, apeiros ou implementos instalados en que conste o ano de fabricación da máquina e os correspondentes números de serie/bastidor.

3º. No caso de implementos ou adaptacións, permiso de circulación da máquina base onde foron instalados coa que se acredite a propiedade da empresa solicitante (só no caso de non ter sido achegada xunto coa documentación na solicitude de axuda) e ficha técnica en que se recollan instalados de forma permanente os implementos e adaptacións subvencionados que foron instalados sobre a máquina base.

4º. Seguro de circulación dos vehículos que se matriculen ou, no caso de vehículos que non se matriculen, seguro de responsabilidade civil da empresa, con indicación expresa do vehículo.

5º. Documentación dos equipamentos do mesmo tipo subvencionados anteriormente ou dos que os substituíron.

6º. Copia do certificado do fabricante do equipo subvencionado, con indicación do número de chasis ou de serie, se procede, e ano de fabricación ou informe de adecuación do conxunto certificado polo instalador ou empresa autorizada, no cal consten a máquina base máis os seus implementos e adaptacións subvencionados, coa súa marca, modelo e os correspondentes números de bastidor/serie.

7º. Copia do facsímile do fabricante do número de chasis do vehículo ou número de serie no caso de maquinaria sen número de chasis.

8º. No caso de tractocargadores, copia do informe do fabricante do tractor conforme o cumprimento das normas de seguridade da cabina ROPS, FOPS e OPS e copia do informe do fabricante do tractor ou organismo autorizado conforme o cumprimento da homologación do asento xiratorio na cabina.

9º. No caso de que o equipo incorpore máquinas base de uso non forestal, deberán achegar planos de detalle dos sistemas de protección complementarios instalados no equipo operativo, co fin de dotar ese conxunto do cumprimento das normas de seguridade para uso forestal (ROPS, FOPS e OPS).

c) No caso de parques intermedios dos recursos forestais e primeira transformación de produtos forestais:

1º. No caso de realizarse instalacións, deberán presentar certificado de fabricación e homologación e certificado de conformidade coa normativa ambiental e de seguridade industrial vixente das instalacións realizadas.

2º. No caso de obra civil, certificado do director de obra de que cumpre coa normativa ambiental, de seguridade industrial e demais normativa vixente. No caso de investimentos que así o requiran, acreditación da presentación da comunicación previa da realización do investimento con toda a documentación requirida.

d) No caso de axudas a equipamentos ou instalacións que dean lugar a novos residuos na empresa, deberán presentar copia da solicitude rexistrada de inclusión do novo residuo no Rexistro de Produtores de Residuos.

Artigo 21. Xustificación e pagamento do investimento

1. A data límite de xustificación dos traballos establecerase na convocatoria anual e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e dos cales se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á data de solicitude da axuda ou, se for o caso, da data de inspección de non inicio, e como límite na data de solicitude do pagamento, sempre que se presentasen en prazo. Só se permitirán gastos (facturas) e pagamentos (xustificante de pagamento) con data anterior á solicitude e posterior ao 1 de xaneiro de 2024, sempre que se acredite que son pagamentos feitos á conta para a reserva ou para a planificación da fabricación do investimento, e sempre que se cumpra o recollido no artigo 9.2, en relación coa documentación que debe incluír a solicitude, e o recollido no artigo 10, en relación coa moderación de custos.

En ningún caso, os investimentos poderán estar executados antes da data de publicación desta resolución, ben que, como se recolle no artigo 12, poderán ser executados entre a data de solicitude da axuda e a data de concesión, sempre que poida ser verificado mediante inspección comprobatoria ou inspección de non inicio, en función da natureza do investimento.

Para a segunda anualidade, admitiranse os gastos (factura e pagamento) despois da data límite de xustificación da primeira anualidade e ata a data límite de xustificación da segunda anualidade.

2. Os xustificantes de gasto e de pagamento deberán cumprir o indicado no anexo XIII.

3. Unha vez presentada a solicitude de pagamento final, realizarase a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, se esta non foi realizada con anterioridade á petición do solicitante, segundo o disposto no artigo 12. Os equipamentos subvencionados non poderán comezar a traballar ata que se realice a dita inspección na Comunidade Autónoma de Galicia. O feito de que se comprobe na inspección que o equipo comezou a traballar ou que presenta evidencias de que a máquina é usada, ocasionará a perda do dereito ao cobramento da axuda. Os investimentos aos cales se lles fixo inspección de non inicio poderán comezar a traballar sen necesidade de esperar a que se lles faga a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, que se lles fará igualmente.

4. Os gastos subvencionables en que incorra a beneficiaria deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Os pagamentos non conformes cos prazos previstos na Lei 3/2004 terán a consideración de non subvencionables e suporán unha minoración proporcional da axuda.

5. Poderase solicitar calquera documentación adicional relacionada co investimento subvencionado en caso de dúbida sobre o cumprimento das condicións establecidas na presente resolución.

6. Cando se poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións dos investimentos que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen ter dado dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 18 destas bases, logo de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte da Axencia no acto de comprobación non exime a persoa beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Unha vez comprobada a documentación presentada e realizada a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, a Dirección da Axencia emitirá a correspondente proposta de pagamento.

8. De acordo co artigo 63 do Regulamento de execución 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos realizados por persoal da Axencia, os cales examinarán a solicitude de pagamento presentada pola persoa beneficiaria e determinarán os importes admisibles. Ademais, fixarán:

a) O importe para pagar á persoa beneficiaria en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe para pagar á persoa beneficiaria tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado segundo a letra a) supera o importe establecido segundo a letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado segundo a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

Porén, non se aplicarán sancións cando a persoa beneficiaria poida demostrar á satisfacción da autoridade competente que non é responsable da inclusión do importe non admisible ou cando a autoridade competente adquira doutro modo a convicción de que a persoa beneficiaria non é responsable disto.

9. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentada a xustificación dos investimentos subvencionados, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

10. No caso de que se xustifiquen investimentos por menor importe do aprobado, a axuda que se deberá pagar será proporcional aos investimentos xustificados, sempre que estes sexan susceptibles de avaliación independente e cumpran os fins previstos inicialmente. En todo caso, unha execución inferior ao 60 % do importe dalgún dos investimentos subvencionados terá a consideración de incumprimento parcial e ocasionará a perda de dereito ao cobramento da subvención correspondente ao investimento afectado e ao reintegro das cantidades percibidas. No caso de que a execución de todos os investimentos subvencionados sexa inferior ao 60 %, terá a consideración de incumprimento total e ocasionará a perda de dereito ao cobramento da totalidade da subvención e o reintegro das cantidades percibidas, e seguirá o procedemento sinalado no artigo 23 desta resolución.

11. No caso de apreciarse datos falseados, o expediente de que se trate quedará excluído da axuda e recuperaranse todos os importes que foran aboados polo dito expediente.

12. Os pagamentos á conta adaptaranse ao establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Estes pagos á conta, cando o importe da primeira anualidade supere os 18.000 euros, serán garantidos mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca. O referido aval deberá ser de duración indefinida, depositarase á disposición da Axencia Galega da Industria Forestal na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e deberá cubrir o 110 % do importe que se deberá percibir na primeira anualidade da subvención. O certificado de depósito do aval presentarase na solicitude de pagamento da primeira anualidade xunto co resto da documentación, nos prazos que se establezan para a xustificación da primeira anualidade da subvención. Este certificado de depósito devolveráselle á persoa interesada unha vez que se comprobe, mediante inspección in situ, a realización material do obxecto da subvención, así como as restantes condicións da subvención.

Artigo 22. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Cumprir o obxectivo, executar os investimentos ou realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión, para o cal achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 5.2 desta resolución.

e) Reintegrar fondos percibidos nos supostos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta resolución, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.

g) A persoa beneficiaria deberá manter os requisitos que condicionaron a obtención da axuda e as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes ata a data de solicitude do pagamento final da axuda.

h) A persoa beneficiaria non poderá substituír os equipamentos subvencionados anteriormente polos equipamentos obxecto de axuda e deberá manter os investimentos subvencionados durante un período mínimo de 8 anos, contados desde a data do último pagamento da axuda.

i) As persoas beneficiarias de axudas comprométense a proporcionarlles á autoridade de xestión do Programa de desenvolvemento rural, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa.

2. O incumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como o encontrarse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionarán a perda do dereito á axuda.

Artigo 23. Perda do dereito ao cobramento e reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como os compromisos asumidos nos termos expresados no artigo anterior. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, realizará o reintegro da subvención.

2. Son causas de perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, de reintegro as seguintes:

a) A obtención da axuda falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) O incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos dos sinalados na solicitude.

c) O incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, segundo o establecido nesta resolución, na Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade remitidos de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e) O incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da axuda, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executan os investimentos ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da axuda.

f) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

g) O incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a axuda.

h) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou dos investimentos ou a non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da axuda.

i) O incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente, ou, se é o caso, da prórroga concedida.

j) As modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta resolución.

k) O incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta resolución que implique obrigas por parte da persoa beneficiaria.

3. Así mesmo, se no caso de que nos controis administrativos sobre a solicitude de pagamento e controis sobre o terreo se verifica que, na data da solicitude do pagamento final, non se manteñen os requisitos que condicionaron a obtención da axuda e que non se cumpren as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia a perda do dereito ao cobramento ou o reintegro da axuda.

4. Igualmente, se no caso de que nos controis a posteriori nos cinco anos seguintes ao pagamento da axuda se verifica que non se cumpren as condicións de mantemento dos investimentos, isto suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e levará como consecuencia o reintegro da axuda.

5. Nestes supostos a Axencia reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora, que se calcularán conforme a normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procederen.

6. Se se descobre que unha persoa beneficiaria efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo devandito expediente. Ademais, a persoa beneficiaria quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

7. Naqueles supostos nos cales o importe das axudas recibidas pola persoa beneficiaria excedan os custos da actividade, solicitarase a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

8. No caso de pagamento indebido, a persoa beneficiaria quedará obrigada a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros conforme o disposto no artigo 7, número 2, do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, de 17 de xuño. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria, indicado na orde de recuperación, que non poderá superar os 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

9. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire este artigo será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Controis

1. A Axencia realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. A persoa beneficiaria comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a Axencia, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos Regulamentos de execución (UE) 808/2014 e 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta resolución e non se poderá efectuar ningún pagamento sen que antes se realizasen os controis establecidos no punto 4 deste artigo, así como o réxime de controis, reducións e exclusións regulado no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

4. A Axencia, ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, controis sobre o terreo antes do pagamento final dunha mostra que represente polo menos o 5 % do gasto público de cada ano civil, así como a posibilidade, de ser o caso, de sometemento a controis a posteriori dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. Respecto das facturas pro forma ás cales se fai referencia no artigo 10, e de acordo co artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os provedores desas ofertas estarán obrigados a prestar colaboración e a facilitar canta documentación lles sexa requirida, e especialmente a necesaria para verificar a posible vinculación entre eses provedores.

6. Así mesmo, os controis administrativos sobre os investimentos, facturas pro forma ou similares a que se fai referencia no artigo 10 incluirán a comprobación sobre a moderación de custos, de acordo co indicado no artigo 48 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Artigo 25. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, de 11 de marzo, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, e no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 27. Medidas informativas e publicitarias

1. Conforme o establecido no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014, do 17 de xullo, modificado polo Regulamento de execución (UE) 669/2016, do 28 de abril, as persoas beneficiarias das axudas deberán cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader. En particular, no caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 euros, deberán colocar polo menos un panel (dun tamaño mínimo A3) ou unha placa con información sobre o investimento, co deseño que figura no anexo XIV desta resolución, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión e o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural», nun lugar ben visible para o público. De acordo coa Estratexia de información e publicidade que desenvolve o que se establece no Regulamento (UE) 808/2014, cando o obxecto da axuda sexa maquinaria, equipamento informático, de telecomunicacións ou calquera outro ben en que, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha situación adecuada, o cartel ou placa poderá ser substituído por un adhesivo ou impresión no cal, polo menos, figure a bandeira da UE, o fondo e o lema.

2. Os investimentos subvencionados que fosen dados a coñecer a través de calquera tipo de medio audiovisual e/ou electrónico deberán facer mención expresa de que o investimento recibiu unha axuda financeira da Unión Europea, expresando o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural».

3. No caso de que na realización dun control a posteriori, que se efectuará nos cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda concedida, se verifique o incumprimento do establecido no punto 1 deste artigo, realizarase a solicitude de reintegro da axuda concedida.

4. Para estes efectos, os carteis poderán descargarse en formato .jpg na web da Axencia Galega da Industria Forestal (https://xera.xunta.gal).

5. A Axencia publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puideren impor nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

6. As solicitudes de axuda suporán unha autorización expresa para que os datos de carácter persoal achegados nelas poidan ser utilizados pola Axencia Galega da Industria Forestal nas súas campañas de promoción e divulgación das súas actividades, salvo oposición expresa do solicitante, para o cal se habilitará na mesma solicitude a opción de non autorización.

Capítulo II

Convocatoria de axudas para o ano 2024

Artigo 28. Convocatoria

Convócanse para o ano 2024 en réxime de concorrencia competitiva as axudas reguladas por esta resolución. As solicitudes, a documentación, as condicións e o procedemento de xestión das axudas serán os establecidos con carácter xeral nos artigos anteriores.

Artigo 29. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 30. Prazo de xustificación

1. O prazo máximo para presentar a xustificación das actividades subvencionadas finalizará o 15 de decembro de 2024 para a primeira anualidade e, para a segunda, o 30 de xuño de 2025. As cantidades non xustificadas polas persoas beneficiarias na anualidade 2024 poderanse computar e xustificar na anualidade 2025, sempre e cando non sexan susceptibles de perda de dereito ao seu cobramento, de acordo co disposto no artigo 21.9.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación dos prazos de xustificación e de execución establecidos que non exceda a metade deles, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un mes antes de que acabe o prazo. Tanto a petición das persoas interesadas como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación.

Artigo 31. Financiamento

1. Na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 está consignado crédito por importe de 2.670.613,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 14.A4.741A.770.0, código de proxecto 2018 00009, para atender as axudas da presente resolución. O financiamento desta convocatoria complementarase con 2.329.387,00 € con cargo á dita aplicación e proxecto no ano 2025.

2. Este orzamento poderá verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A Axencia poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta resolución cando o incremento derive de:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

4. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Artigo 32. Distribución do crédito

1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 31.1, segundo as diferentes liñas sinaladas no artigo 3:

a) Liña 1: 20 %.

b) Liña 2: 50 %.

c) Liña 3: 8,5 %.

d) Liña 4: 20 %.

e) Liña 5: 1,5 %.

2. No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se consuma a totalidade do importe establecido polas distintas porcentaxes de cada tipo de liña de axuda na distribución do crédito detallado no punto 1, os importes sobrantes das distintas liñas pasarán ás demais para facer fronte aos expedientes solicitados, e terán prioridade as liñas 1 e 4.

Disposición adicional primeira. Compatibilidade das axudas

As axudas serán compatibles con outras que non teñan fondos da Unión Europea ata o máximo de axuda global admisible, de acordo co artigo 8 do Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión. En todo caso, o importe resultante da acumulación non poderá superar a intensidade máxima de axuda sinalada no anexo II do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Disposición adicional segunda. Outras regulamentacións

No non previsto nesta resolución observarase o disposto no Regulamento (UE) 1305/2013; no Regulamento de execución (UE) 808/2014; no Regulamento de execución (UE) 809/2014; no Regulamento delegado (UE) 640/2014; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, teranse en conta as circulares de coordinación ditadas polo Fondo Español de Garantía Agraria 19/2022, en relación co Plan nacional de controis das medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control (https://www.fega.gob.es/es/ayudas-directas-y-desarrollo-rural/control-de-medidas desarrollo-rural/circulares-de-coordinacion-de-desarrollo-rural), e 33/2020, que establece os criterios para a aplicación de penalizacións nas medidas de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2014/2020 (https://www.fega.gob.es/es/ayudas-directas-y-desarrollo-rural/control-de-medidas desarrollo-rural/circulares-de-coordinacion-de-desarrollo-rural).

Disposición adicional terceira. Base de datos nacional de subvencións (BDNS)

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a Axencia para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2024

Jacobo Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Concellos comprendidos na zona demarcada

Provincia

Concello

Parroquia/s

Ourense

Melón

Melón (Santa María)

Pontevedra

Arbo

Todas

Baiona

Todas

A Cañiza

Todas

Covelo

Barcia de Mera (San Martiño), Campo (Santa María), Casteláns (Santo Estevo), O Covelo (Santa Mariña), Covelo (Santiago), Fofe (San Miguel), Godóns (Santa María), A Lamosa (San Bartolomeu), Maceira (San Salvador), Paraños (Santa María), Piñeiro (San Xoán), Prado da Canda (Santiago)

Crecente

Albeos (San Xoán), A Ameixeira (San Bernabé), Crecente (San Pedro), O Freixo (San Roque), Quintela (San Caetano), Rebordechán (Santa María), Ribeira (Santa Mariña), Vilar (San Xurxo)

Fornelos de Montes

Traspielas (Santa María), Ventín (San Miguel), As Estacas (Santa María)

Gondomar

Todas

A Guarda

Todas

Mondariz

Todas

Mondariz-Balneario

Todas

Mos

Todas

As Neves

Todas

Nigrán

Todas

Oia

Todas

Pazos de Borbén

Todas

Ponteareas

Todas

O Porriño

Todas

Redondela

Cabeiro (San Xoán), Negros (Santo Estevo), Quintela (San Mamede), Reboreda (Santa María), Saxamonde (San Román), Vilar de Infesta (San Martiño)

O Rosal

Todas

Salceda de Caselas

Todas

Salvaterra de Miño

Todas

Tomiño

Todas

Tui

Todas

Vigo

Beade (Santo Estevo), Bembrive (Santiago), Cabral (Santa Mariña), Candeán (San Cristovo), Castrelos (Santa María), Coruxo (San Salvador), Lavadores (Santa Cristina), Matamá (San Pedro), Navia (San Paio), Oia (San Miguel), Saiáns (San Xurxo), Santo André de Comesaña (Santo André), Sárdoma (San Pedro), Valadares (Santo André), Vigo, Zamáns (San Mamede)

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XIII

Instrución para a presentación dos xustificantes de gasto
e de pagamento das actuacións elixibles

1. Xustificantes de gasto. Consistirán nas copias das facturas acreditativas dos investimentos que cumpran as exixencias que establece o Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación:

En particular, as facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

• Número e, se é o caso, serie.

• A data da súa expedición.

• Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do/da obrigado/a a expedir a factura como do/da destinatario/a das operacións.

• Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

• Domicilio, tanto do/da obrigado/a a expedir a factura como do/da destinatario/a das operacións.

• Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para determinar a base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluído o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estean incluídos no dito prezo unitario.

• O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

• A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

• A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

• No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

• Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

• Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, recibos nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

• Nas facturas deberá figurar claramente especificado o obxecto facturado e, no caso de maquinaria, deberán figurar os datos identificativos, a marca, o modelo e o número de bastidor.

• Así mesmo, o provedor e os investimentos que figuren deberán coincidir exactamente cos que figuran no orzamento escollido das tres ofertas presentadas.

2. Xustificantes do pagamento. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Presentarase o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (transferencias bancarias, certificacións bancarias, extractos bancarios ou documentos obtidos a través da banca electrónica) , en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc., que deberán ir selados polo selo orixinal da entidade financeira) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

g) Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

missing image file

A marca principal ocupará o ancho do soporte cunha marxe ao seu redor da metade do ancho do escudo.

O título da obra que se vai executar terá unha altura de texto non superior a 2/3 da altura que teña o texto do logotipo.

Os datos da obra terán unha altura de texto non superior á metade 1/2 da altura do título.

Os restantes logotipos, deberán situarse ao final do cartel cunha marxe ao seu redor da metade do ancho do escudo.

Cores e tipo de letra.

Cor de fondo 1

RGB 0 123 196

Pantone 7461 C

Cor de fondo 2

RGB 0/51/153

Pantone Reflex Blue

Tipo de letra

Xunta Sans

Tipo de letra para «Feader» e lema

News Gothic

Dimensións.

Axuda pública total

Cartel temporal

Placa permanente

> 500.000 €

Dimensión mínima (A)

140 cm

30 cm

Altura mínima desde o chan (h)

150 cm

-

No caso de encontrarse en óptimas condicións de mantemento, o cartel temporal poderá ser utilizado como placa permanente.

Axuda pública total

Cartel

Placa

> 50.000 €

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima

130 cm

-

No caso de investimentos en infraestruturas, tales como camiños, operacións de reestruturación parcelaria ou, en xeral, actuacións que abranguen unha grande área territorial, empregaranse preferentemente carteis. Cando o investimento financiado afecte un edificio, maquinaria ou similar, utilizaranse preferentemente placas.

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido) e será admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire a persoa beneficiaria ao recibir a subvención.

ANEXO XV

Ámbito territorial do PDR 2014-2020

Nos termos recollidos no número 8.1 do Programa de desenvolvemento rural e na instrución da autoridade de xestión do PDR AX01 2014_2020, a delimitación de zona rural establécese tendo en conta a clasificación proposta pola Comisión, denominada «grao de urbanización», que toma como unidade de referencia LAU2 (municipios) e na cal se definen tres categorías:

a) Zonas densamente poboadas (código 1): aquelas cunha densidade de poboación igual ou superior a 1.500 habitantes por km2 e unha poboación mínima de 50.000 persoas.

b) Zonas de densidade intermedia (código 2): aquelas en que menos do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais (onde as cuadrículas nas zonas rurais son as que están fóra das agrupacións urbanas) e menos do 50 % vive en altos grupos de densidade.

c) Zonas de baixa densidade (código 3): aquelas en que máis do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais. Os LAU2 cunha poboación inferior a 5.000 habitantes e co 90 % ou máis da súa área nas cuadrículas rurais foron reclasificados como rurais.

A definición das zonas rurais realízase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) nun territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración os sete concellos dos núcleos de poboación máis grandes da Comunidade Autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).

A autoridade de xestión, xunto co Instituto Galego de Estatística, perfila as cuadrículas de estudo (1 km2) dentro de cada unha das zonas urbanas a nivel de parroquia. Neste sentido, as parroquias definidas como rurais ou intermedias de todos os concellos de Galicia poden ser admisibles para os efectos do financiamento de proxectos a través do PDR 2014_2020 e cofinanciados co fondo Feader. Por conseguinte, considéranse non admisibles aquelas parroquias que están en concellos non urbanos pero que si teñen parroquias que posúen esta característica (ZDP).

Porén, a través do PDR de Galicia poderanse considerar elixibles actuacións en parroquias ZDP logo de informe da autoridade de xestión por petición da Axencia Galega da Industria Forestal, que deberá motivar a excepción proposta, a súa contribución aos obxectivos do programa e ás prioridades de desenvolvemento rural.

Xúntanse accesos ás táboas publicadas polo IGE para cada unha das provincias, co detalle do grao de urbanización de cada concello e das súas parroquias.

A Coruña:

http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=8050&R=0[all]&C=1[all]&F=&S=&SCF=

Lugo:

http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=8051&R=0[all]&C=1[all]&F=&S=&SCF=

Ourense:

http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=8052&R=0[all]&C=1[all]&F=&S=&SCF=

Pontevedra:

http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=8053&R=0[all]&C=1[all]&F=&S=&SCF=

ANEXO XVI

Listaxe de prezos máximos para determinada maquinaria
pertencente á liña 2

Autocargadores forestais

Carga máxima

(toneladas)

Potencia do motor
(kW)

Prezo neto (€)

8 a < 12

< 140

282.458,80 €

≥ 140

336.449,27 €

12 a < 15

< 140

336.029,02 €

140-179

336.449,27 €

≥ 180

363.109,93 €

15 a < 20

< 140

376.751,42 €

140-179

180-209

≥ 210

416.684,00 €

≥ 20

≥ 210

474.183,50 €

Tractocargadores forestais completos

MMA do remolque
(toneladas)

Potencia do tractor (kW)

Prezo neto (€)

10 a < 14

90 a < 110

226.518,77 €

110 a ≤ 200

242.753,15 €

14 a 16

110 a ≤ 200

269.738,18 €

Procesadoras forestais de rodas

Potencia do motor
(kW)

Peso do equipo
(toneladas)

Diámetro máximo corte cabezal (mm)

Prezo neto (€)

150 a < 190

16 a < 24

550-649

490.454,60 €

650-750

515.703,00 €

≥ 190

16 a < 24

550-649

529.960,87 €

650-750

≥ 24

550-649

587.447,90 €

650-750

Procesadoras forestais de cadeas

Peso da máquina base
(toneladas)

Potencia do motor
(kW)

Apertura máxima dos roletes cabezal procesador (mm)

Prezo neto (€)

15,6 a 23,6

78 a < 146

460 a < 660

321.314,43 €

≥ 660

348.107.15 €

≥ 146

> 460

382.744,60 €

23,7 a 25,5

78 a < 146

> 460

366.896,10 €

≥ 146

> 460

382.744,60 €

25,6 a 31,5

> 78

> 460

398.008,42 €

Procesadoras con cabezais de procesado + cabezal de corta, intercambiable

Potencia do motor
(kW)

Peso da máquina base (toneladas)

Cabezal do procesador.

Diámetro máximo de corte (mm)

Prezo neto (€)

78 a < 146

15.6-23,6

550-649

357.494,80 €

650-750

383.880,62 €

23,7-31,5

550-649

423.977,43 €

650-750

≥ 146

15,6-23,6

550-649

397.499,64 €

650-750

23,7-31,5

550-649

423.977,43 €

650-750

ANEXO XVII

Acreditación do cumprimento dos prazos establecidos
na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas
de loita contra a morosidade nas operacións comerciais

A acreditación do cumprimento dos prazos de pagamento realizarase do seguinte modo:

1. As persoas físicas e as xurídicas que poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada poderano acreditar mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso das persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto 2 seguinte e con suxeición á súa regulación.

2. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada acreditarano mediante:

1º. Certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC) que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004. Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2º. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o punto 1º, entón as empresas deberán presentar o informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no ROAC, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, ou no caso de que se detecten, estas non impidan alcanzar un nivel de cumprimento dos prazos de pagamento de, polo menos, un 90 % das facturas, de conformidade co previsto na disposición derradeira sexta, letra d, ordinal segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

Se a certificación do auditor ou o informe de procedementos acordados non se pode obter antes da terminación do prazo establecido para a súa presentación, achegarase xustificante de telo solicitado e, unha vez obtido, presentarase inmediatamente e sempre antes da resolución de concesión definitiva.

Tal e como se anticipou anteriormente, entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004 sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), ordinal segundo, da Lei 18/2022 (polo menos o 90 % das facturas pagas en prazo).

Exclúense as facturas correspondentes a provedores que formen parte do mesmo grupo de sociedades.