DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 14 de agosto de 2024 Páx. 46803

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2024 pola que se modifica a Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A).

missing image file

Con data do 9 de febreiro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A).

Con data do 8 de setembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de agosto de 2022 pola que se modifica a Resolución do 21 de xaneiro de 2021.

No artigo 8 da convocatoria establécese que o despregamento da rede poderá prolongarse no tempo ata o prazo máximo para a posta en servizo que é o 31 de outubro de 2024, e no artigo 9 da convocatoria indícase que a execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2024.

A execución das novas infraestruturas públicas de soporte postas á disposición pola Xunta de Galicia, necesarias para a instalación do equipamento para dotar de cobertura as zonas obxectivo, comporta a necesidade de localización de parcelas válidas, consecución de permisos e tramitación de licenzas, execución de infraestruturas e dotación de subministración eléctrica.

Esta execución viuse afectada pola adversa climatoloxía do último trimestre de 2023 e primeiro de 2024, que afectou os accesos xa de por si complicados pola orografía das zonas obxectivo. Isto supuxo un atraso na execución das infraestruturas que está a afectar a consecución dos obxectivos desta actuación, polo que se considera precisa a prórroga dos prazos previstos.

Con base no anterior, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A)

A Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A), queda modificada como segue:

Un. O artigo 5.1 da convocatoria queda redactado como segue:

«1. Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 4.000.000 € que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 07.A1.571A.770.0, coa seguinte distribución:

Aplicación

Código proxecto

2022

2023

2024

2025

07.A1.571A.770.0

2020 00009

653.455,30 €

1.218.383,00 €

939.829,97 €

1.188.331,73 €»

Dous. O artigo 8.1 da convocatoria queda redactado como segue:

«1. O despregamento da rede poderá prolongarse no tempo ata o prazo máximo para a posta en servizo que é o 30 de xuño de 2025».

Tres. O artigo 9.1 da convocatoria queda redactado como segue:

«1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de marzo de 2025».

Catro. O artigo 9.2 da convocatoria queda redactado como segue:

«2. Os beneficiarios deberán presentar a documentación xustificativa da execución dos investimentos subvencionables relativos á anualidade en curso ata o 31 de outubro de cada ano, agás na anualidade 2025, en que a data límite de presentación da documentación xustificativa da execución dos investimentos subvencionables é o 30 de xuño de 2025».

Disposición derradeira primeira. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia