DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 13 de agosto de 2024 Páx. 46618

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias desta axencia para a contratación temporal de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), e se abre o prazo de presentación de solicitudes en 2024.

O artigo 59 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia establece, con relación á contratación de persoal temporal nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, que a celebración de contratos laborais de duración determinada debe ser autorizada polos órganos superiores de goberno e dirección, e que deben contar cos informes favorables previos dos centros directivos competentes en materia de función pública e de orzamentos, sen que en ningún caso poidan dar lugar a contratos indefinidos. A selección deste persoal realizarase entre as persoas incluídas nas listas da Administración autonómica ou, de ser o caso, a través dos servizos públicos de emprego. Porén, estas entidades poderán excepcionalmente acollerse a un sistema de listas previo por categorías, coa autorización previa do centro directivo competente en materia de función pública, logo da negociación coas organizacións sindicais representativas no ámbito da función pública. En atención á previsión desta excepción, a Axencia de Turismo de Galicia, para a cobertura temporal das prazas de persoal docente, en caso de ausencia das persoas titulares destas (por xubilación, incapacidade temporal ou permisos), ten previsto acollerse a un sistema de listas propias previo por categorías, para o cal conta coa autorización do centro directivo competente en materia de función pública.

A autorización global para a contratación de persoal laboral temporal por substitucións durante o ano 2024, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Dirección Xeral da Función Pública (19 de febreiro de 2024), eximen a Axencia de Turismo de Galicia de solicitar autorización conxunta para substituír transitoriamente o persoal docente do Centro Superior de Hostalería de Galicia.

A Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, do 10 de xullo de 2024, autoriza a Axencia de Turismo de Galicia para que forme listas previas por categorías e emite informe favorable sobre as bases de selección para a súa formación.

Tendo en conta o anterior, así como o informe do asesor xurídico da entidade sobre a conformidade do proceso de elaboración de listas propias, e despois da comunicación efectuada ao comité de empresa, en virtude do establecido no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, o director da Axencia de Turismo de Galicia, logo da autorización do Consello Reitor, con base nas atribucións que lle confire o artigo 17.r) do devandito decreto,

RESOLVE:

Primeiro. Convocatoria

Anunciar a convocatoria dun proceso de elaboración de listas propias da Axencia de Turismo de Galicia para a cobertura con carácter temporal, de ser o caso, dos postos de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) que se indican no anexo I desta resolución, de acordo co establecido na disposición adicional cuarta do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Segundo. Bases

Aprobar as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias da Axencia de Turismo de Galicia para a celebración de contratos laborais de duración determinada dos postos de persoal docente do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) que se inclúen no anexo II.

Terceiro. Solicitudes

Para participar nesta convocatoria, que supón a aceptación íntegra das súas bases, as persoas candidatas empregarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo III.

Cuarto. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Impugnación

Contra a presente resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o director da Axencia de Turismo de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO I

Relación de postos

1. Denominación do posto: profesor/a de aloxamento-rexedoría de pisos.

Departamento: Aloxamento (CSHG).

Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.

2. Denominación do posto: profesor/a de aloxamento-recepción.

Departamento: Aloxamento (CSHG).

Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.

3. Denominación do posto: profesor/a de xestión de aloxamento e instalacións.

4. Denominación do posto: profesor/a de teoría de servizos.

Departamento: Servizos (CSHG).

5. Denominación do posto: profesor/a de prácticas de servizos.

6. Denominación do posto: profesor/a de enoloxía.

7. Denominación do posto: profesor/a de teoría de cociña.

Departamento: Cociña (CSHG).

8. Denominación do posto: profesor/a de prácticas de cociña.

9. Denominación do posto: profesor/a de hixiene, dietética e nutrición.

Departamento: Hixiene, dietética e nutrición (CSHG).

Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.

10. Denominación do posto: profesor/a de inglés.

Departamento: Idiomas (CSHG).

11. Denominación do posto: profesor/a de francés.

12. Denominación do posto: profesor/a de alemán.

13. Denominación do posto: profesor/a de contabilidade e finanzas.

Departamento: Organización de empresas (CSHG).

14. Denominación do posto: profesor/a de economía.

15. Denominación do posto: profesor/a de dirección estratéxica e control interno.

16. Denominación do posto: profesor/a de lexislación e fiscalidade empresarial.

17. Denominación do posto: profesor/a de xestión de recursos humanos.

Departamento: Recursos Humanos (CSHG).

Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.

18. Denominación do posto: profesor/a de tecnoloxía da información e das comunicacións (TIC).

Departamento: Informática (CSHG).

Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.

19. Denominación do posto: profesor/a de márketing hoteleiro e gastronómico.

Departamento: Comercialización Hoteleira e Revenue Management (CSHG).

20. Denominación do posto: profesor/a de comunicación e RRPP hostaleira.

21. Denominación do posto: profesor/a de revenue management e márketing hoteleiro.

Departamento: Comercialización Hoteleira e Revenue Management (CSHG).

Dependencia: Axencia de Turismo de Galicia. Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal laboral temporal. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Tipo de persoal: laboral temporal entidade instrumental.

ANEXO II

Bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo de elaboración
de listas de substitución para a cobertura, con carácter temporal, dos postos
de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG),
da Axencia de Turismo de Galicia

Primeira. Obxecto da convocatoria

A presente convocatoria ten por obxecto elaborar listas propias para a cobertura, con carácter temporal, de persoal laboral para a realización de interinidades ou substitucións, dos postos de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), da Axencia de Turismo de Galicia, recollidos no anexo I. Tal e como regula o artigo 59 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, este sistema de listas conta co informe da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

Segunda. Publicidade e réxime xurídico da contratación

A presente convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e demais normativa de aplicación.

A contratación revestirá a modalidade contractual regulada na lexislación vixente, particularmente, polo disposto no Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e no Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.

A xornada laboral será de 37,5 horas en cómputo semanal, en quendas de mañá e/ou tarde, en función das necesidades organizativas do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG). Os postos de traballo estarán situados na sede do CSHG (A Barcia. Estrada Santiago-Noia, km 3 - 15896 Santiago de Compostela).

Terceira. Duración da contratación

A contratación obxecto da presente convocatoria efectuarase con carácter temporal, en virtude do establecido no Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, así como na demais normativa laboral de aplicación. Para as persoas candidatas seleccionadas, logo de formalizada a relación laboral, establecerase un período de proba dun (1) mes, de conformidade co disposto no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

Empregarase o modelo de contrato laboral temporal do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) por substitución de persoa traballadora.

Cuarta. Tarefas que se desempeñarán

Exercer, reunindo as condicións e titulación exixidas pola lexislación vixente, a función docente e o desenvolvemento dos programas establecidos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, nas distintas modalidades de formación presencial, distancia e en liña.

No caso particular dos postos de profesor/a de prácticas de servizos e profesor/a de prácticas de cociña, realizaranse funcións docentes e técnicas nos servizos de restauración do CSHG.

Quinta. Requisitos xerais

As persoas aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de idade dependentes. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.

b) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

c) Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado/a do servizo de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

e) Non estar en situación de inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían, no caso de persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a.

f) Estar en posesión dunha titulación de doutor/a, superior universitaria de licenciatura ou grao, ou de formación profesional de ciclo superior, de acordo cos requisitos establecidos para as distintas especialidades recollidas no punto sexto das bases. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso.

g) Coñecemento lingüístico: acreditarase o coñecemento do idioma galego presentando o título do Celga 4, título de perfeccionamento do idioma galego ou estudos equivalentes, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Estes requisitos deberán cumprirse na fin do prazo de presentación de solicitudes establecido no anuncio da convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), e manterse ata o momento da toma de posesión ou formalización do contrato.

Sexta. Requisitos específicos

As titulacións e experiencia profesional requiridas son as seguintes:

1. Denominación do posto: profesor/a de aloxamento - rexedoría de pisos.

Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Turismo, en Xestión de Empresas Hostaleiras ou diploma superior en Xestión Hoteleira (USC).

Experiencia profesional: mínimo 2 anos con funcións relacionadas co posto.

2. Denominación do posto: profesor/a de aloxamento - recepción.

Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Turismo, en ADE, en Xestión de Empresas Hostaleiras ou diploma superior en Xestión Hoteleira (USC).

Experiencia profesional: mínimo 2 anos con funcións relacionadas co posto.

3. Denominación do posto: profesor/a de xestión de aloxamento e instalacións.

Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Turismo, en ADE, en Xestión de Empresas Hostaleiras ou diploma superior en Xestión Hoteleira (USC).

Experiencia profesional: mínimo 2 anos con funcións relacionadas co posto.

4. Denominación do posto: profesor/a de teoría de servizos.

Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Turismo, en Xestión de Empresas Hostaleiras ou diploma superior en Xestión Hoteleira (USC).

Experiencia profesional: mínimo 2 anos con funcións relacionadas co posto.

5. Denominación do posto: profesor/a de prácticas de servizos.

Titulación: técnico/a superior en Restauración ou diploma superior en Xestión Hoteleira (USC).

Experiencia profesional: mínimo 2 anos en funcións relacionadas co posto.

6. Denominación do posto: profesor/a de enoloxía.

Titulacións: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Enoloxía, Bioloxía ou Enxeñeira Agrónoma.

Non se require experiencia profesional mínima.

7. Denominación do posto: profesor/a de teoría de cociña.

Titulación: graduado/a en Gastronomía ou Artes culinarias.

Experiencia profesional: mínimo 1 ano con funcións relacionadas co posto.

8. Denominación do posto: profesor/a de prácticas de cociña.

Titulación: técnico superior en Cociña ou grao en Gastronomía.

Experiencia profesional: mínimo 2 anos en funcións relacionadas co posto.

9. Denominación do posto: profesor/a de hixiene, dietética e nutrición.

Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Nutrición Humana e Dietética, en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, en Farmacia ou en Bioloxía.

Non se require experiencia profesional mínima.

10. Denominación do posto: profesor/a de inglés.

Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Inglesa, ou en Lingua e Literatura Inglesas, ou en Linguas Estranxeiras con inglés como primeira lingua, ou en Tradución e Interpretación con inglés como primeira lingua.

Non se require experiencia profesional mínima.

11. Denominación do posto: profesor/a de francés.

Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Francesa, ou en Linguas Estranxeiras con francés como primeira lingua, ou en Linguas e Literaturas Modernas (itinerario francés) ou en Tradución e Interpretación con francés como primeira lingua.

Non se require experiencia profesional mínima.

12. Denominación do posto: profesor/a de alemán.

Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Alemá, ou en Linguas Estranxeiras con alemán como primeira lingua, ou en Linguas e Literaturas Modernas (itinerario alemán) ou en Tradución e Interpretación con alemán como primeira lingua.

Non se require experiencia profesional mínima.

13. Denominación do posto: profesor/a de contabilidade e finanzas.

Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Economía ou ADE.

Non se require experiencia profesional mínima.

14. Denominación do posto: profesor/a de economía.

Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Economía.

Non se require experiencia profesional mínima.

15. Denominación do posto: profesor/a de dirección estratéxica e control interno.

Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Economía ou ADE.

Non se require experiencia profesional mínima.

16. Denominación do posto: profesor/a de lexislación e fiscalidade empresarial.

Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Dereito.

Non se require experiencia profesional mínima.

17. Denominación do posto: profesor/a de xestión de recursos humanos.

Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Dereito, ADE, Psicoloxía, Relacións Laborais ou Socioloxía.

Non se require experiencia profesional mínima.

18. Denominación do posto: profesor/a de tecnoloxía da información e das comunicacións (TIC).

Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Enxeñaría informática ou Enxeñaría en Tecnoloxía da información.

Non se require experiencia profesional mínima.

19. Denominación do posto: profesor/a de márketing hoteleiro e gastronómico.

Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en ADE, Turismo, Márketing e Investigación de mercados.

Non se require experiencia profesional mínima.

20. Denominación do posto: profesor/a de comunicación e RRPP hostaleira.

Titulación: licenciado/a ou graduado/a en ADE, Turismo, Márketing, Publicidade e RRPP, Comunicación, Protocolo e organización de eventos.

Experiencia profesional: mínimo 1 ano con funcións relacionadas co posto.

21. Denominación do posto: profesor/a de márketing revenue management e márketing hoteleiro.

Titulación: licenciado/a ou graduado/a en ADE, Turismo, Márketing e Investigación de Mercados, Xestión de Empresas Hostaleiras ou diploma superior en Xestión Hoteleira (USC).

Experiencia profesional: mínimo 1 ano con funcións relacionadas co posto.

Sétima. Solicitudes e prazo de presentación

1. A solicitude realizarase por medios electrónicos, a través do formulario PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), debidamente cuberta e asinada, xunto co modelo de solicitude que figura no anexo III e o resto da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos exixidos nas bases, e deberá dirixirse á Dirección de Profesionalización do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), da Axencia de Turismo de Galicia. Debe indicarse expresamente o posto para o que se presenta a solicitude.

2. O domicilio que figure nas instancias considerarase como o único válido para os efectos das notificacións e serán responsabilidade do/da aspirante tanto os erros na súa consignación como a comunicación de calquera cambio.

3. A solicitude (anexo III) deberá reunir todos os datos de identificación requiridos e estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web da Axencia de Turismo de Galicia.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes poderán poñerse en contacto co Centro Superior de Hostalaría de Galicia, no enderezo electrónico docencia.cshg@xunta.gal

4. O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras, e ao abeiro do establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, implicará a autorización ao Centro Superior de Hostalaría de Galicia (Axencia de Turismo de Galicia) para comprobar os datos de carácter persoal que figuren no documento DNI/NIE da persoa que teña a condición de interesada, por medio do acceso telemático ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade e de residencia do Ministerio de Administracións Públicas. Non obstante, o/a solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; daquela, deberá presentar, xunto coa solicitude, unha copia cotexada do documento de identidade en vigor.

6. As persoas interesadas deberán incorporar xunto coa solicitude de participación, a seguinte documentación:

a) No suposto de non ter a nacionalidade española, deberá achegarse a documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, reguladora do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.

b) Declaración responsable de que se reúnen todos e cada un dos requisitos exixidos. A consignación de datos falsos na documentación presentada polos aspirantes suporá a anulación da solicitude.

c) Copia do título do Celga IV ou do título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

d) Copia da titulación oficial exixida ou certificación académica que acredite ter realizados os estudos para a obtención do título ou, de ser o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do título académico.

e) Coa solicitude tamén se deberá relacionar de forma individualizada cada un dos méritos que se aleguen e presentar a documentación acreditativa destes para a súa valoración. Os méritos alegados deberán referirse á data de publicación no DOG do anuncio da resolución da convocatoria.

Non se poderá presentar máis dunha solicitude de participación para unha mesma lista, e soamente se terá en conta a última presentada. Tampouco se pode presentar, de ser o caso, unha mesma solicitude para varias listas. Terase en conta, ademais, que cada persoa só se poderá presentar a un máximo de dúas listas.

Oitava. Admisión de aspirantes

Tras a finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (Axencia de Turismo de Galicia) ditará resolución na cal se aproben as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión.

A lista publicarase no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia, no enderezo electrónico https://www.turismo.gal/espazo-institucional, e o anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia. As persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución en que se aproben as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas. Esta resolución farase pública no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia, ao igual que todas as publicacións referidas a esta convocatoria, e o anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Novena. Tribunal de selección

O tribunal será nomeado por resolución do director da Axencia de Turismo de Galicia e será constituído unha vez publicada na web da Axencia de Turismo de Galicia a relación definitiva de aspirantes. Serán de aplicación a este órgano as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal determinará a categorización e o número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, e estará constituído por sete (7) membros en virtude do principio de paridade entre mulleres e homes (artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade):

• 1 presidente/a.

• 1 secretario/a.

• 5 vogais.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

O tribunal axustará a súa actuación ao artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Os membros do tribunal estarán suxeitos ás causas de abstención previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Para a toma de decisións deste órgano de selección observarase o disposto nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010.

Correspóndenlle ao tribunal as funcións relativas á cualificación dos aspirantes e á adopción, en xeral, de cantas medidas sexan precisas para o desenvolvemento correcto do proceso e a resolución de incidencias, e manterá a súa vixencia ata a aprobación das listas de espera definitivas dos postos anunciados no proceso.

Ademais, o tribunal resolverá todas as dúbidas e interpretación das bases, así como as situacións derivadas daqueles casos non recollidos nesta convocatoria axustándose, en todo momento, á normativa de aplicación.

O tribunal de selección deberá contar coa presenza da maioría dos membros (en todo caso, do/da presidente/a e o/a secretario/a), adoptando os acordos por maioría simple de votos; en caso de empate, o/a presidente/a terá voto de calidade.

De cada reunión, o/a secretario/a do tribunal redactará unha acta, onde se recollan os membros presentes, o lugar e data, o resultado das probas e cantos detalles sexan necesarios para acreditar o contido da sesión.

O tribunal terá a súa sede, para os efectos de notificación e incidencias, no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) (A Barcia. Estrada Santiago-Noia, km 3 – 15896 Santiago de Compostela), onde se atenderán cantas cuestións se formulen en relación co proceso selectivo.

O tribunal poderá solicitar o asesoramento de especialistas nas materias obxecto desta convocatoria, que terán voz pero non voto.

Décima. Baremación de méritos

Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, a elaboración das listas de espera para a cobertura con carácter temporal dos postos de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) efectuarase mediante a valoración dos méritos alegados e acreditados polas persoas aspirantes, que se puntuarán de acordo co seguinte baremo, podendo acadar unha puntuación máxima de 60 puntos:

Baremación dos méritos

A) O baremo aplicable para os postos de: profesor/a de aloxamento-rexedoría de pisos, profesor/a de aloxamento-recepción, profesor/a de xestión de aloxamento e instalacións, profesor/a de teoría de servizos, profesor de teoría de cociña, profesor/a de comunicación e RRPP hostalaría, profesor de revenue management e márketing (tendo en conta que en ningún caso se valorará a titulación requirida para acceder ao proceso nin a experiencia mínima requirida), é o seguinte:

A.1) Formación académica (puntuación máxima 30 puntos):

– Rendemento académico (máximo 24 puntos):

Rendemento académico

Puntos

Expediente académico da titulación requisito (se o/a candidato/a acredita máis dunha, indicará a titulación para valorar nesta epígrafe. En caso de non facelo, valorarase a máis recente)*.

0-10

Doutoramento (10 puntos pola titulación. Pola cualificación obtida, en caso de que teña relación coa área, valorarase cun máximo de 4 puntos)**.

0-14

*A puntuación calcularase outorgando as seguintes puntuacións por cualificación obtida: matrícula de honra 10, sobresaliente 8; notable 6; ben 4; aprobado 2. A puntuación total dividirase entre o número total de convocatorias.

**A puntuación calcularase outorgando as seguintes puntuacións por cualificación obtida: matrícula de honra 4, sobresaliente 3, notable 2.

– Formación adicional (máximo 6 puntos):

Valoraranse os cursos de formación, vinculados coa hostalaría, turismo ou metodoloxía didáctica, que acrediten unha duración mínima de 50 horas, a razón de 0,005 puntos por cada hora de formación, ata un máximo de dous (2) puntos por curso. Alcanzada a puntuación máxima, non se valorará o resto da formación.

Outra formación

Puntos

Cursos específicos das áreas de coñecemento do posto.

0,25-4

Cursos de metodoloxía didáctica.

0,25-2

Non se valorará a asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares, nin as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica, nin os cursos de doutoramento ou os módulos ou partes integrantes dun curso. En caso de presentar titulacións organizadas por créditos, ou certificacións que non inclúan o detalle de horas, considerarase que 1 crédito é igual a 10 horas de formación.

A.2) Experiencia laboral (puntuación máxima 25 puntos):

– Experiencia docente (máximo 10 puntos):

Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao candidato, de experiencia docente afín ao posto ofertado:

Experiencia docente

Puntos/ano*

Universitaria*/Escolas Hostalaría**

0,6-1,2

Secundaria/FP***

0,3

Outra experiencia docente****

0,150

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,05* ou 0,1** por mes traballado (desprezando os decimais).

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,025*** por mes traballado (desprezando os decimais).

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,0125**** por mes traballado (desprezando os decimais).

– Experiencia profesional (máximo 15 puntos):

Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao/á candidato/a. Non se valorará a experiencia mínima requirida para acceder ao posto.

Experiencia

Puntos/ano*

Experiencia profesional en empresas hostaleiras e/ou turísticas.

0,25-1,5*

*Segundo a afinidade coa praza e posto (experiencia profesional en hostalaría non afín á praza 0,25 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/posto base: 0,5 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/mando intermedio: 1 punto por ano; experiencia profesional afín á praza/xefe de departamento: 1,5 puntos por ano.)

A.3) Idiomas (puntuación máxima 5 puntos):

Outros méritos

Puntos

Idiomas** (Marco común europeo de referencia para as linguas). EOI, U. Cambridge, TOEFL (CBT), TOEFL (PBT), TOEFL (ITP), TOEIC, IELTS, British Council, Trinity College, London.

0-3**

Inglés nivel B2-Nivel intermedio.

1.00

Inglés nivel C1-Nivel avanzado 1.

2.00

Inglés nivel C2-Nivel avanzado 2.

3.00

Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel B2.

1.00

Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel C1 ou superior.

2.00

* Só se valoran os títulos de maior nivel do idioma presentado. Acadada a puntuación máxima, non se valorarán máis méritos.

Non se valoran os idiomas nos postos de profesor/a de inglés, francés e alemán.

Se algún/algunha candidato/a supera as puntuacións máximas sinaladas para cada unha das epígrafes seguintes, outorgaráselle a máxima puntuación.

B) O baremo aplicable para os postos de: profesor/a de prácticas de servizos e profesor/a de prácticas de cociña (tendo en conta que en ningún caso se valorará a titulación requirida para acceder ao proceso nin a experiencia mínima requirida), é o seguinte:

B.1) Formación académica (puntuación máxima 20 puntos):

– Rendemento académico (máximo 14 puntos):

Rendemento académico

Puntos

Expediente académico da titulación requisito (se o/a candidato/a acredita máis dunha, indicará a titulación que se valorará nesta epígrafe. En caso de non facelo, valorarase a máis recente)*.

0-10

A puntuación calcularase outorgando as seguintes puntuacións por cualificación obtida: matrícula de honra 10, sobresaliente 8; notable 6; ben 4; aprobado 2. A puntuación total dividirase entre o número total de convocatorias. Unha vez calculada esta puntuación, multiplicarase por 1,5 no caso de que a titulación de acceso sexa Grao en Gastronomía ou diploma superior en Xestión Hoteleira (USC).

– Formación adicional (máximo 6 puntos).

Valoraranse outros cursos de formación, vinculados coa área de coñecemento da praza ou de metodoloxía didáctica, que acrediten unha duración mínima de 50 horas, a razón de 0,005 puntos por cada hora de formación, ata un máximo de dous (2) puntos por curso. Alcanzada a puntuación máxima, non se valorará o resto da formación.

Formación

Puntos

Cursos específicos das áreas de coñecemento do posto.

0,25-4

Cursos de metodoloxía didáctica.

0,25-2

* Non se valorará a asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares, nin as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica, nin os cursos de doutoramento ou os módulos ou partes integrantes dun curso. En caso de presentar titulacións organizadas por créditos ou certificacións que non inclúan o detalle de horas, considerarase que 1 crédito é igual a 10 horas de formación.

B.2) Experiencia laboral (puntuación máxima 35 puntos):

— Experiencia docente (máximo 10 puntos):

Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao/á candidato/a, de experiencia docente afín ao posto ofertado:

Experiencia docente

Puntos/ano*

Universitaria*/Escolas Hostalaría**

0,6-1,2

Secundaria/FP***

0,3

Outra experiencia docente****

0,150

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,05* ou 0,1** por mes traballado (desprezando os decimais).

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,025*** por mes traballado (desprezando os decimais).

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,0125**** por mes traballado (desprezando os decimais).

– Experiencia profesional (máximo 25 puntos):

Período máximo que se valorará: 15 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 15 anos que outorguen maior puntuación ao candidato.

Experiencia

Puntos/ano*

Experiencia profesional en empresas hostaleiras e/ou turísticas.

0,5-2*

*Segundo a afinidade coa praza e posto (experiencia profesional en hostalería non afín á praza: 0,50 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/posto base: 1 punto por ano; experiencia profesional afín á praza/mando intermedio: 1,5 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/xefe de departamento: 2 puntos por ano).

B.3) Idiomas (puntuación máxima 5 puntos):

Outros méritos

Puntos

Idiomas** (Marco común europeo de referencia para as linguas). EOI, U. Cambridge, TOEFL (CBT), TOEFL (PBT), TOEFL (ITP), TOEIC, IELTS, British Council, Trinity College, London.

0-3**

Inglés nivel B2-Nivel intermedio.

1.00

Inglés nivel C1-Nivel avanzado 1.

2.00

Inglés nivel C2-Nivel avanzado 2.

3.00

Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel B2.

1.00

Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel C1 ou superior.

2.00

* Só se valorarán os títulos de maior nivel do idioma presentado. Acadada a puntuación máxima, non se valorarán máis méritos.

Non se valorarán os idiomas nos postos de profesor/a de inglés, francés e alemán.

Se algún/algunha candidato/a supera as puntuacións máximas sinaladas para cada unha das epígrafes seguintes, outorgaráselle a máxima puntuación.

C) O baremo aplicable para os postos de: profesor/a de contabilidade e finanzas, profesor/a de dirección estratéxica e control interno, profesor/a de tecnoloxía da información e das comunicacións (TIC) (tendo en conta que en ningún caso se valorará a titulación requirida para acceder ao proceso), é o seguinte:

C.1) Formación académica (puntuación máxima 28 puntos):

— Rendemento académico (máximo 18 puntos):

Rendemento académico

Puntos

Expediente académico da titulación requisito* (se o candidato/a acredita máis dunha, indicará a titulación que se valorará nesta epígrafe. En caso de non facelo, valorarase a máis recente).

0-4

Doutoramento (10 puntos pola titulación. Pola cualificación, máximo de 4 puntos)**

Máximo 14

*A puntuación calcularase segundo o protocolo de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración de expedientes académicos, facendo posteriormente unha transformación directa a 4 puntos.

**A puntuación calcularase outorgando as seguintes puntuacións por cualificación obtida: matrícula de honra 4, sobresaliente 3, notable 2.

– Formación adicional (máximo 10 puntos):

Valoraranse outras titulacións oficiais, distintas da requirida como titulación de acceso ao proceso e os cursos de formación, vinculados coa hostalería, turismo ou metodoloxía didáctica, que acrediten unha duración mínima de 50 horas, a razón de 0,005 puntos por cada hora de formación, ata un máximo dun (1) punto por curso. Alcanzada a puntuación máxima, non se valorará o resto da formación.

Formación

Puntos

Máster/posgrao oficial*

0-3

Outras titulacións universitarias.

0-3

*Segundo a afinidade coa praza. 1 punto por cada titulación oficial.

Outra formación

Puntos

Cursos de especialización afíns coa praza.

0,50-2

Cursos Hostalería/Turismo.

0,25-1,5

Cursos de metodoloxía didáctica.

0,25-1,5

Non se valorará a asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares, nin as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica, nin os cursos de doutoramento ou os módulos ou partes integrantes dun curso. En caso de presentar titulacións organizadas por créditos ou certificacións que non inclúan o detalle de horas, considerarase que 1 crédito é igual a 10 horas de formación.

C.2) Experiencia investigadora (puntuación máxima 3 puntos):

Experiencia investigadora na área

Puntos

Experiencia investigadora na área.

0-3

Segundo a afinidade coa praza. Acreditarase mediante a publicación de artigos en revistas especializadas e/ou certificacións de participación en proxectos de investigación da temática obxecto do posto solicitado no proceso (0,50 puntos/artigo ou participación en proxecto).

C.3) Experiencia laboral (puntuación máxima 24 puntos):

– Experiencia docente (máximo 18 puntos):

Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao/á candidato/a, de experiencia docente afín ao posto ofertado:

Experiencia docente

Puntos/ano*

Escolas Hostalaría*/ Universitaria**

1,2-1,8

Secundaria/FP***

0,3

Outra experiencia docente****

0,150

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,10* ou 0,15** por mes traballado (desprezando os decimais).

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,025***por mes traballado (desprezando os decimais).

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,0125****por mes traballado (desprezando os decimais).

– Experiencia profesional (máximo 6 puntos):

Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao/á candidato/a.

Experiencia

Puntos/ano*

Experiencia profesional en empresas hostaleiras e/ou turísticas*

0,3-0,6*

* Segundo a afinidade coa praza e posto (experiencia profesional afín á praza/posto base 0,3 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/mando intermedio 0,4 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/mando superior 0,6 puntos por ano).

C.4) Idiomas (puntuación máxima 5 puntos):

Idiomas

Puntos

Idiomas** (Marco común europeo de referencia para as linguas). EOI, U. Cambridge, TOEFL (CBT), TOEFL (PBT), TOEFL (ITP), TOEIC, IELTS, British Council, Trinity College, London.

0-3**

Inglés nivel B2-Nivel intermedio.

1.00

Inglés nivel C1-Nivel avanzado 1.

2.00

Inglés nivel C2-Nivel avanzado 2.

3.00

Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel B2.

1.00

Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel C1 ou superior.

2.00

**So se valorarán os títulos de maior nivel do idioma presentado. Acadada a puntuación máxima, non se valorarán máis méritos.

Se algún/algunha candidato/a supera as puntuacións máximas sinaladas para cada unha das epígrafes seguintes, outorgaráselle a máxima puntuación.

D) O baremo aplicable para os postos de: profesor/a de enoloxía, profesor/a de hixiene, dietética e nutrición, profesor/a de inglés, profesor/a de alemán, profesor/a de francés, profesor/a de xestión de recursos humanos, profesor de márketing hoteleiro e gastronómico, profesor/a de economía, profesor/a de lexislación e fiscalidade empresarial (tendo en conta que en ningún caso se valorará a titulación requirida para acceder ao proceso), é o seguinte:

D.1) Formación académica (puntuación máxima 23 puntos):

– Rendemento académico (máximo 13 puntos):

Rendemento académico

Puntos

Expediente académico da titulación requisito*

0-4

Cualificación doutoramento**

4-9

*A puntuación calcularase segundo o protocolo de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración de expedientes académicos, facendo posteriormente unha transformación directa a 4 puntos.

**A puntuación calcularase outorgando as seguintes puntuacións por cualificación obtida no doutorado: matrícula de honra 9, sobresaliente 7, notable 4.

— Formación adicional (máximo 10 puntos):

Valoraranse outras titulacións oficiais, distintas da requirida como titulación de acceso ao proceso e os cursos de formación, vinculados coa hostalaría, turismo ou metodoloxía didáctica, que acrediten unha duración mínima de 50 horas, a razón de 0,005 puntos por cada hora de formación, ata un máximo dun (1) punto por curso. Alcanzada a puntuación máxima, non se valorará o resto da formación.

Formación

Puntos

Máster/posgrao oficial*

0-3

Outras titulacións universitarias.

0-3

* Segundo a afinidade coa praza: 1 punto por cada titulación oficial.

Outra formación

Puntos

Cursos de especialización afíns coa praza.

0,50-2

Cursos Hostalaría/Turismo.

0,25-1,5

Cursos de metodoloxía didáctica.

0,25-1,5

Non se valorará a asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares, nin as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica, nin os cursos de doutoramento ou os módulos ou partes integrantes dun curso. En caso de presentar titulacións organizadas por créditos ou certificacións que non inclúan o detalle de horas, considerarase que 1 crédito é igual a 10 horas de formación.

D.2) Experiencia investigadora (puntuación máxima 8 puntos):

Experiencia investigadora na área

Puntos

Experiencia investigadora na área da praza.

0-8

Segundo a afinidade coa praza. Acreditarase mediante a publicación de artigos en revistas especializadas e/ou certificacións de participación en proxectos de investigación da temática obxecto do posto solicitado no proceso (0,50 puntos/artigo ou participación en proxecto).

D.3) Experiencia laboral (puntuación máxima 24 puntos):

— Experiencia docente (máximo 18 puntos):

Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao/á candidato/a, de experiencia docente afín ao posto ofertado:

Experiencia docente

Puntos/ano*

Escolas Hostalería*/Universitaria**

1,2-1,8

Secundaria/EOI***

0,3

Outra experiencia docente****

0,150

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,10* ou 0,15** por mes traballado (desprezando os decimais).

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,025*** por mes traballado (desprezando os decimais).

Segundo a afinidade coa praza, a razón de 0,0125**** por mes traballado (desprezando os decimais).

– Experiencia profesional (máximo 6 puntos):

Período máximo que se valorará: 10 anos. De acreditar un período superior, valoraranse os 10 anos que outorguen maior puntuación ao/á candidato/a.

Experiencia

Puntos/ano*

Experiencia profesional en empresas hostaleiras e/ou turísticas*

0,3-0,6*

*Segundo a afinidade coa praza e o posto (experiencia profesional afín á praza/posto base: 0,3 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/mando intermedio: 0,4 puntos por ano; experiencia profesional afín á praza/mando superior: 0,6 puntos por ano).

D.4) Idiomas (puntuación máxima 5 puntos):

Idiomas

Puntos

Idiomas** (Marco común europeo de referencia para as linguas). EOI, U. Cambridge, TOEFL (CBT), TOEFL (PBT), TOEFL (ITP), TOEIC, IELTS, British Council, Trinity College, London.

0-3**

Inglés nivel B2-Nivel intermedio.

1.00

Inglés nivel C1-Nivel avanzado 1.

2.00

Inglés nivel C2-Nivel avanzado 2.

3.00

Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel B2.

1.00

Outras linguas (alemán, francés, portugués) Nivel C1 ou superior.

2.00

**Só se valorarán os títulos de maior nivel do idioma presentado. Acadada a puntuación máxima, non se valorarán máis méritos.

Non se valorarán os idiomas nos postos de profesor/a de inglés, francés e alemán da lingua a que se presentan.

Se algún/algunha candidato/a supera as puntuacións máximas sinaladas para cada unha das epígrafes seguintes, outorgaráselle a máxima puntuación.

Décimo primeira. Cualificación e listas de méritos das persoas seleccionadas

A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das subepígrafes da baremación de méritos do proceso. O tribunal publicará, no enderezo electrónico https://www.turismo.gal/espazo-institucional da Axencia de Turismo de Galicia, as listas de espera provisionais de cada posto, coas puntuacións obtidas polas persoas aspirantes admitidas, por orde de prelación de acordo cos méritos achegados. Establécese un prazo de dez (10) días, desde a publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de alegacións.

Neste período de emenda soamente pode rectificarse a documentación achegada, sen que se poida achegar nova documentación. Transcorrido o prazo de reclamacións, o tribunal publicará, no enderezo electrónico https://www.turismo.gal/espazo-institucional da Axencia de Turismo de Galicia, as listas de espera definitivas de cada posto coas puntuacións respectivas. A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita coa publicación da lista definitiva.

O tribunal elevará ao director da Axencia de Turismo de Galicia a proposta das listas de espera definitivas dos postos anunciados no proceso. A Dirección da Axencia de Turismo de Galicia aprobará as listas de espera, para a cobertura con carácter temporal, dos postos de persoal docente do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), que se publicarán no Diario Oficial de Galicia.

Décimo segunda. Criterios de desempate

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

1º. No caso de infrarrepresentación do sexo feminino, o empate dirimirase na correspondente categoría profesional a prol da muller.

2º. Pola puntuación obtida na valoración da formación académica.

3º. Pola puntuación obtida na valoración da experiencia profesional.

4º. Pola valoración obtida na epígrafe doutros méritos.

Décimo terceira. Resolución do proceso de contratación

Os/as candidatos/as seleccionados, no momento de existencia dunha vacante, deberán aceptar ou rexeitar o posto no momento do chamamento por correo electrónico ao enderezo do cal o reciban, no prazo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao do chamamento efectuado. No caso de que a persoa candidata non confirme a aceptación do chamamento mediante o procedemento previamente exposto, considerarase que o rexeitou e continuarase co chamamento ás persoas aspirantes que figuren nos seguintes lugares da lista, de xeito sucesivo e ata que se produza unha aceptación de cada chamamento.

Décimo cuarta. Datos de carácter persoal

Os datos de carácter persoal serán tratados segundo o disposto na legalidade vixente. As persoas candidatas que participen neste proceso selectivo consenten expresamente a incorporación dos seus datos de carácter persoal nos ficheiros existentes na Axencia de Turismo de Galicia e o seu tratamento. O titular dos datos de carácter persoal poderá exercer os seus dereitos ao tratamento destes nos termos da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, solicitándoo nas oficinas da Axencia de Turismo de Galicia.

Décimo quinta. Recursos

Contra a resolución da convocatoria as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo.

Décimo sexta. Órgano de contratación

A persoa titular da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, de acordo coa normativa aplicable, realizará a contratación segundo as bases expostas.

Décimo sétima. Disposición derradeira

A participación neste proceso de elaboración de listas propias para a contratación temporal de persoal docente por parte das persoas candidatas supón a aceptación íntegra das presentes bases.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

missing image file