DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 12 de agosto de 2024 Páx. 46357

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2024 pola que se nomea persoal laboral fixo do grupo I, categoría titulado/a superior.

O 16 de febreiro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 8 de febreiro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de conformidade co establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (DOG núm. 214, do 10 de novembro).

Mediante a Resolución do 9 de abril 2024, a Dirección da ACSUG nomeou o tribunal cualificador do proceso selectivo (DOG núm. 76, do 17 de abril).

Mediante a Resolución do 30 de xullo de 2024, o tribunal cualificador do proceso selectivo publicou a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e propuxo o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Con data do 2 de agosto de 2024, acreditouse que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos e condicións exixidas na convocatoria do proceso selectivo.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador do proceso selectivo e nomear as persoas que se relacionan no anexo desta resolución como persoal laboral fixo do grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), tras a superación do proceso selectivo convocado pola Resolución do 8 de febreiro de 2024 (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

2. Notificarlles ás persoas seleccionadas que deberán formalizar o seu contrato no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2024

José Eduardo López Pereira
Director da Axencia para a Calidade do
Sistema Universitario de Galicia

ANEXO

Persoas seleccionadas para a contratación como persoal laboral fixo

Grupo:

I

Categoría:

titulado/a superior

Núm. postos:

7

DNI

Nome

***9595**

Belmonte Otero, Isabel

***2196**

Castro Pais, María Dolores

***9151**

López Lorenzo, Ana Isabel

***2187**

Mallo Rey, Marta María

***2227**

Martínez Lafuente, Aitor

***9898**

Rico Rey, Francisco

***8210**

Velón Sixto, Luis Carlos