DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 12 de agosto de 2024 Páx. 46443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento como persoal laboral fixo dunha traballadora social.

De conformidade co establecido nas bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene e unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 909/2024, do 4 de xullo, nomeouse a Beatriz Rodríguez Grandal, con DNI ***1671**, persoal laboral fixo do Concello de Fene dunha praza de traballadora social, coa clasificación: segundo convenio, equivalente ao subgrupo A2 e incluída na oferta de emprego público do ano 2021.

As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro da resolución en:

https://sede.fene.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20240708133000271.html

Fene, 8 de xullo de 2024

Juventino José Trigo Rey
Alcalde