DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 46046

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2024 pola que se anuncia o acordo do Pleno de publicación da memoria anual de actividades correspondente ao exercicio 2023, acompañada dos informes de fiscalización.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, con data do 29 de xullo de 2024, da memoria anual de actividades correspondente ao exercicio 2023, acompañada dos Informes de fiscalización que a seguir se relacionan:

– Informe de fiscalización das contabilidades electorais. Eleccións ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro de 2024.

– Informe do contrato de concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

– Informe de auditoría operativa da xestión dos novos medicamentos de terapia avanzada CAR-T. Implantación e impacto financeiro.

• Ligazón para acceder á memoria de actividades do exercicio 2023:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/transparencia/actividades

• Ligazón para acceder aos informes de fiscalización:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2024

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia