DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 46174

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo para cubrir unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local.

De conformidade co establecido nas bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene e unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 911/2024, do 4 de xullo, nomeouse a María Belén Souto Calvete, con DNI ***5672**, persoal laboral fixo do Concello de Fene, dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento local, coa clasificación: segundo convenio, equivalente subgrupo A2 e incluída na oferta de emprego público do ano 2021.

As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro da Resolución en:

https://sede.fene.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20240708133025458.html

Fene, 8 de xullo de 2024

Juventino José Trigo Rey
Alcalde