DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 7 de agosto de 2024 Páx. 45774

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Neda

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras do proceso selectivo para o nomeamento como persoal funcionario de carreira, pola quenda libre e mediante concurso-oposición, de dúas (2) prazas de administrativo/a, grupo C1.

Expediente: 2024/E001/000002.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 135, do 15 de xullo de 2024, publicouse a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para o nomeamento como persoal funcionario de carreira, en quenda libre e mediante concurso-oposición, de dúas (2) prazas de administrativo/a, grupo C1, cos códigos da RPT 01.00.00.03 e 04.00.00.03, incluídas na oferta de emprego público 2021 (BOP núm. 103, do 3 de xuño de 2021) e oferta de emprego público 2022 (BOP núm. 106, do 6 de xuño de 2022), respectivamente.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días naturais, a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Neda, 16 de xullo de 2024

Ángel Alvariño Saavedra
Alcalde