DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 5 de agosto de 2024 Páx. 45399

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da Comisión Paritaria do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia en que se actualizan as táboas salariais para 2024.

Visto o texto da acta da Comisión Paritaria do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia en que se actualizan as táboas salariais para 2024, que se subscribiu, con data do 26 de xuño de 2024 entre a representación empresarial de Agarte e Acolle e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais FSS-CC.OO. de Galicia e UGT-SP de Galicia, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 y 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.

Esta secretaría xeral de Emprego e Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

Acta da Comisión Paritaria do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 13.40 horas do día 26 de xuño de 2024, reúnese a Comisión Paritaria do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia.

Parte empresarial:

Lucía del Campo Redondo (Agarte)

José Manuel Pazos Seco (Agarte)

María Teresa Rodríguez Rivas (Acolle)

Parte sindical:

Iria Estévez Casqueiro (FSS-CC.OO. de Galicia)

María Isabel Salgado Fandiño (FSS-CC.OO. de Galicia)

Javier Martínez Fente (UGT-SP de Galicia)

O obxecto da presente xuntanza é a actualización das táboas salariais do V convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia, de acordo co artigo 5 e a disposición derradeira do dito convenio, por solicitude de FSS-CC.OO. de Galicia e UGT-SP de Galicia.

Logo do debate e análise da dita cuestión polas representacións integrantes desta comisión, procede reflectir na acta o seguinte:

Primeiro. Esta Comisión Paritaria acorda, por unanimidade, proceder á actualización das táboas salariais do V Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia para o ano 2024, de conformidade co contido do anexo que se achega á presente acta.

Segundo. Estando aberta e constituída a mesa de negociación do VI Convenio colectivo de residencias privadas de persoas de idade de Galicia, con data do 11 de abril de 2024, as empresas, cando apliquen estas táboas, farano en concepto «a conta de convenio», en prol do que resulte da dita negociación.

Terceiro. En ningún caso as persoas traballadoras afectadas polo presente convenio percibirán en cómputo anual por todos os conceptos retributivos unha contía inferior ao SMI establecida para o ano 2024. Deste xeito, se o computo anual de todos os conceptos retributivos percibidos pola persoa traballadora está por debaixo do SMI, a empresa aboará a diferenza nun complemento ata alcanzar a dita contía.

Cuarto. Esta comisión delega no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación da presente acta perante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, acaba ás 14.00 horas do día sinalado no encabezamento, estendéndose para o efecto a presente acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.

Lucía del Campo Redondo (Agarte)

José Manuel Pazos Seco (Agarte)

María Teresa Rodríguez Rivas (Acolle)

Iria Estévez Casqueiro (FSS-CC.OO. de Galicia)

María Isabel Salgado Fandiño

(FSS-CC.OO. de Galicia)

Javier Martínez Fente (UGT-SP de Galicia)

ANEXO

Táboas salariais 2024

Grupos/categorías

Salario base

Complemento domingos

Pagas extras

Festivos especiais

Grupo A

Administrador/a

2.059,21 €

10,08 €

2.059,21 €

39,25 €

Xerente, director/a

2.059,21 €

10,08 €

2.059,21 €

39,25 €

Médico/a

1.729,98 €

10,08 €

1.729,98 €

39,25 €

Técnico/a superior

1.729,98 €

10,08 €

1.729,98 €

39,25 €

Grupo B

Supervisor/a socio asistencial

1.400,68 €

10,08 €

1.400,68 €

39,25 €

Enfermeiro/a

1.400,68 €

10,08 €

1.400,68 €

39,25 €

Traballador/a social

1.400,68 €

10,08 €

1.400,68 €

39,25 €

Fisioterapeuta

1.400,68 €

10,08 €

1.400,68 €

39,25 €

Terapeuta ocupacional

1.400,68 €

10,08 €

1.400,68 €

39,25 €

Titulado/a

1.400,68 €

10,08 €

1.400,68 €

39,25 €

Grupo C

Gobernante/a

1.143,94 €

10,08 €

1.143,94 €

39,25 €

Oficial mantemento

1.143,94 €

10,08 €

1.143,94 €

39,25 €

Oficial administrativo

1.143,94 €

10,08 €

1.143,94 €

39,25 €

TASOC

1.143,94 €

10,08 €

1.143,94 €

39,25 €

Condutor/a

1.143,94 €

10,08 €

1.143,94 €

39,25 €

Xardineiro/a

1.143,94 €

10,08 €

1.143,94 €

39,25 €

Grupos/categorías

Salario base

Complemento domingos

Pagas extras

Festivos especiais

Grupo D

Xerocultor/a-aux. enfermaría

1.143,94 €

10,08 €

1.143,94 €

39,25 €

Cociñeiro/a

1.124,14 €

10,08 €

1.124,14 €

39,25 €

Auxiliar mantemento

1.124,14 €

10,08 €

1.124,14 €

39,25 €

Auxiliar administrativo/a

1.124,14 €

10,08 €

1.124,14 €

39,25 €

Camareiro/a de planta

1.124,14 €

10,08 €

1.124,14 €

39,25 €

Animador/a sociocultural

1.124,14 €

10,08 €

1.124,14 €

39,25 €

Recepcionista

1.124,14 €

10,08 €

1.124,14 €

39,25 €

Grupo E

Lavandaría-pasador/a de ferro

1.049,43 €

10,08 €

1.049,43 €

39,25 €

Auxiliar cociña

1.049,43 €

10,08 €

1.049,43 €

39,25 €

Limpador/a

1.049,43 €

10,08 €

1.049,43 €

39,25 €

Persoal non cualificado

1.049,43 €

10,08 €

1.049,43 €

39,25 €