DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 2 de agosto de 2024 Páx. 45346

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnico/a medio/a de informática, pola quenda de promoción interna (subgrupo A2).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 106, do 3 de xuño de 2024, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 20 de maio de 2024, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 praza de técnico/a medio/a de informática, quenda promoción interna (subgrupo A2), C.E. 15/22.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 9 de xullo de 2024

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica