DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 2 de agosto de 2024 Páx. 45260

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 9 de xuño de 2022, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 16 de xullo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG número 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 9 de xuño de 2022 (DOG número 116, do 17 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, superou o terceiro exercicio da oposición a persoa aspirante que obtivo o resultado de apto.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8. da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal