DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 31 de xullo de 2024 Páx. 45062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baños de Molgas

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal funcionario de oficios varios AP-E.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 24 de xuño de 2024, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de funcionario de oficios varios deste concello, mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia núm. 133, do 10 de xullo de 2024, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Denominación

Funcionario de oficios de varios AP-E

Nº de vacantes

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello (enderezo https:// www.concellodemolgas.gal) e, se é o caso, no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Baños de Molgas, 10 de xullo de 2024

Manuel Á. Fernández Movilla
Alcalde