DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 31 de xullo de 2024 Páx. 44985

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües, así como de ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2024/25, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Pola Resolución do 21 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional (DOG núm. 104, do 30 de maio), fíxose público o anuncio da resolución pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2024/25, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

A disposición décimo terceira da resolución da convocatoria establece que a directora xeral de Formación Profesional ditará unha resolución que conteña a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos e cursos de especialización plurilingües, e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Segundo o artigo 14.1 do Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Dirección Xeral de Formación Profesional é o órgano directivo da Administración xeral da Comunidade Autónoma ao que lle corresponde exercer as competencias e as funcións que se lle atribúen á Xunta de Galicia en materia de formación profesional (DOG núm. 101, do 27 de maio).

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro

Publicar a relación de centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües no curso 2024/25, así como de ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Segundo

Contra esta resolución poderase interpor un recurso de alzada ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

Centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2024/25

Código do centro

Centro

Código do ciclo/curso especialización

Ciclo/curso especialización

Idioma incorporado

15005270

CPR Afundación A Coruña

D3ADG000200

Asistencia á dirección

Inglés

15005749

CIFP Universidade Laboral

D1AFD001100

Acceso e conservación en instalacións deportivas

Inglés

E3IMA005200

Modelaxe da información da construción (BIM)

Inglés

E3IMA005100

Fabricación intelixente

Inglés

D3ENA000200

Enerxías renovables

Inglés

D3ELE000300

Automatización e robótica industrial

Inglés (1º)

Alemán (2º)

S17004

Prevención de riscos profesionais

Portugués (1º)

Inglés (2º)

D3IMA000300

Mecatrónica industrial

Inglés

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

D3HOT000300

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés (1º)

Francés (2º)

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

D3QUI000100

Laboratorio de análise e de control de calidade

Inglés

15016000

CIFP Compostela

D2ARG000200

Preimpresión dixital

Inglés

D3HOT000100

Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

D3HOT000400

Dirección de cociña

Inglés

D3HOT000500

Dirección de servizos de restauración

Inglés

15021469

CIFP Leixa

D3ARG000200

Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

Inglés

D3SSC000300

Animación sociocultural e turística

Inglés

15021482

IES San Clemente

D2IFC000100

Sistemas microinformáticos e redes

Portugués

D3IFC000100

Administración de sistemas informáticos en rede

Portugués

D3IFC000200

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

D3IFC000300

Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

15021974

EFAG Fonteboa

D2AFD000200

Guía no medio natural e de tempo libre

Inglés

D3AGA000300

Gandaría e asistencia en sanidade animal

Inglés

D3COM000100

Transporte e loxística

Inglés

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

D3SAN000100

Audioloxía protésica

Inglés

15024513

CIFP Someso

D3FME000100

Programación da produción en fabricación mecánica

Inglés

15025682

CIFP Fraga do Eume

D3HOT000500

Dirección de servizos de restauración

Portugués

15026753

IES A Pontepedriña

D3COM000200

Comercio internacional

Inglés

15027800

CIFP Imaxe e Son

D3IMS000300

Animacións 3D, xogos e contornas interactivas

Inglés

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

D3AFD000100

Ensinanza e animación sociodeportiva

Inglés

27006528

CIFP As Mercedes

D3TMV000400

Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina

Inglés

D3TMV000100

Automoción

Inglés

D3ENA000100

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Inglés

D3IMA000200

Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

Inglés

D3COM000300

Xestión de vendas e espazos comerciais

Inglés

D3COM000400

Márketing e publicidade

Inglés

27015311

IES A Pinguela

D3IFC000300

Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

D3SEA000400

Química e saúde ambiental

Inglés

D3SAN000500

Laboratorio clínico e biomédico

Inglés

D3SAN000900

Hixiene bucodental

Inglés

D3IFC000100

Administración de sistemas informáticos en rede

Portugués

D3IFC000200

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

D3IFC000300

Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

E3QUI005000

Cultivos celulares

Inglés

32015050

CIFP A Farixa

D3HOT000300

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés

D3IMS000100

Produción de audiovisuais e espectáculos

Italiano (1º)

Inglés (2º)

32016285

CIFP de Vilamarín

D2HOT000200

Servizos en restauración

Inglés

D3HOT000400

Dirección de cociña

Inglés

D3HOT000500

Dirección de servizos de restauración

Inglés

32016765

CIFP Portovello

D3ADG000200

Asistencia á dirección

Inglés

D3COM000300

Xestión de vendas e espazos comerciais

Inglés

D3SSC000300

Animación sociocultural e turística

Inglés

D2SSC000100

Atención a persoas en situación de dependencia

Portugués

36000417

CPR Plurilingüe San Fermín

D2COM000100

Actividades comerciais

Inglés

36002359

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

D3ADG000100

Administración e finanzas

Inglés

36011211

CPR Plurilingüe San Miguel 2

D1IFC001100

Informática e comunicacións

Inglés

D1IFC001200

Informática de oficina

Inglés

36011579

IES A Guía

D3COM000200

Comercio internacional

Inglés

D3COM000400

Márketing e publicidade

Inglés

36011853

CPR Daniel Castelao

D1ELE001100

Electricidade e electrónica

Inglés

D1ADG001100

Servizos administrativos

Inglés

D2ELE000100

Instalacións eléctricas e automáticas

Inglés

D2ADG000100

Xestión administrativa

Inglés

D2IFC000100

Sistemas microinformáticos e redes

Inglés

D3ADG000100

Administración e finanzas

Inglés

D3IFC000100

Administración de sistemas informáticos en rede

Inglés

D3IFC000200

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

36013448

CIFP Manuel Antonio

D3QUI000200

Química industrial

Inglés

D3SAN000600

Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

Inglés

36013771

CIFP Fontecarmoa

D3COM000100

Transporte e loxística

Inglés

D3COM000200

Comercio internacional

Inglés

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

D3MAM000100

Deseño e amoblamento

Portugués

E3FME005000

Fabricación aditiva

Inglés

36019529

IES Ribeira do Louro

D3ADG000100

Administración e finanzas

Inglés

D3COM000200

Comercio internacional

Inglés

36018677

IES Luís Seoane

D3COM000200

Comercio internacional

Inglés

36020064

CIFP Carlos Oroza

E2HOT005000

Panadaría e bolaría artesanais

Inglés

D1HOT001100

Cociña e restauración

Inglés

D3HOT000100

Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

D3HOT000300

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés

D2INA000100

Panadaría, repostaría e confeitaría

Inglés