DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44898

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2024 pola que se anuncia a convocatoria do proceso selectivo para o a ampliación da lista de agarda da escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala relacións internacionais, subgrupo A1.

Esta reitoría, en uso das competencias que ten atribuídas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, así como polos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, da Xunta de Galicia, aprobou o 18 de xullo de 2024 a convocatoria dun proceso selectivo para a ampliación da lista de agarda da escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala relacións internacionais, subgrupo A1.

As solicitudes poderán presentaranse ata as 23.59 horas do día 27 de agosto de 2024, na forma e lugar que determinan as bases da convocatoria.

As bases completas da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios electrónico da Universidade de Vigo: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml, así como na seguinte páxina: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/convocatorias-pas

Vigo, 18 de xullo de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo