DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de tres prazas de oficial/operario de servizos varios como persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 128, do 2 de xullo de 2024, publicáronse as bases íntegras que rexerán o proceso selectivo para a provisión de tres prazas de oficial/operario de servizos varios, incluídas na oferta extraordinaria de emprego público do Concello de Nigrán para o ano 2023, como persoal laboral fixo mediante oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases.

Nigrán, 2 de xullo de 2024

Juan Antonio González Pérez
Alcalde