DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 16 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 13 do Plan xeral de ordenación municipal de Oroso no sector SU1, polígono 2 (expediente 2024AAE2883).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 11 de xullo de 2024 sobre a modificación puntual número 13 do Plan xeral de ordenación municipal de Oroso no sector SU1, polígono 2.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2883).

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade