DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANI-OU-02/2024-V e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Ourense, sita na avenida da Habana, número 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 10 de xullo de 2024

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

ANI-OU-02/2024-V

34993272Z

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-07/2024-V

76730160K

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-08/2024-V

44493319A

44451158R

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANP-OU-08/2024-V

44484281G

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-55/2024-V

76726087L

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-59/2024-V

45161798X

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial