DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 8 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2021/43-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo, instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posibles as notificacións no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados no Departamento Territorial de Vigo.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 a 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 8 de xullo de 2024

A directora territorial de Vigo
P.A. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
Mª Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº expediente: 2021/43-36.

Persoa interesada: 35485266S.

Acto que se notifica: Resolución do 23 de febreiro de 2024.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.