DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44705

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía de Área de Vigo.

Visto o que dispoñen as bases da Resolución do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía de Área de Vigo, así como o artigo 49 e seguintes do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e unha vez que a Comisión de Valoración elevou proposta definitiva de valoración de méritos, así como proposta definitiva de adxudicación do posto ofertado no concurso, e que se acreditou a observancia do procedemento debido e se valoraron os méritos das persoas candidatas, en uso das competencias que me atribúe a normativa vixente

RESOLVO:

Primeiro

Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.

Segundo

Resolver o concurso específico e adxudicar o posto de coordinador/a da Oficina de Fiscalía I da Fiscalía de Área de Vigo a:

– Susana Losada Méndez.

Terceiro

Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto

O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. No caso de que a dita publicación non se faga de forma simultánea en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben poderá ser impugnada directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza