DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 26 de xullo de 2024 Páx. 44416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0982/2023-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dos expedientes PSC-CO-0982/2023-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 11 de xullo de 2024

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0982/2023-PPM

76778829E

Resolución

San Martiño 135, Abanqueiro, San Cristovo, 15938, Boiro (A Coruña)

PSC-CO-0028/2024-V

32836928N

Resolución

Rúa Torre, 93, 2º F, 15002 A Coruña

PSC-CO-0038/2024-PPM

33290626N

Resolución

Sestaio de Arriba, 3, 15259 Muros (A Coruña)

PSC-CO-0071/2024-PPM

71679808D

Resolución

Lg/ Levinco, 40, 33686 Aller (Asturias)

PSC-CO-0074/2024-PPM

32808551V

Resolución

Rúa de Arriba, 14, 15155 Fisterra (A Coruña)