DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 26 de xullo de 2024 Páx. 44423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2024 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade das resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Data da resolución: 5.6.2024.

Tipo de trámite: transmisión de titularidade (inter vivos) de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-07-20-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario e do edificio quiosco para o desenvolvemento da actividade de venda de prensa, bebidas e comestibles.

Porto: Cambados (Santo Tomé).

Concesionaria actual: María Torres Prado.

Concesionario ao cal se lle transmite a concesión: Patricia Basdediós Martínez.

Superficie concedida no título concesional: 17,81 m².

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: ata o 2.12.2026.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 920,03 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2,0 % das actividades non estritamente portuarias de venda de prensa, bebidas e comestibles.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 10.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-31-24-C-1.

Obxecto da concesión: explotación de estación marítima da Pasaxe como bar cafetaría.

Porto: A Pasaxe.

Concesionario: Centro especial de emprego San Jerónimo Emiliani, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 253,41 m².

Investimento: 40.307,09 € (sen IVE).

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 9.014,20 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 2,0 % das actividades non estritamente portuarias de hostalaría.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxas TODP con bonificación: 4.507,10 € anuais (IVE excluído).

Data da resolución: 13.5.2024.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-04-12-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio publico portuario, foso travelift e peche perimetral para o desenvolvemento das actividades de varada, invernaxe, construción, reparación, mantemento, despezamento e reciclaxe de embarcacións pesqueiras e deportivas ao final da súa vida útil, venda de materiais náuticos e alugamento de embarcacións.

Porto: O Xufre-A Illa de Arousa.

Concesionaria: Outros Adaxes, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 14.700 m².

Investimento: 26.818,70 € (sen IVE).

Prazo da concesión: ata o 5.10.2027.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 69.872,95 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 3,0 % das actividades portuarias de estaleiros, do 4,5 % das actividades portuarias de venda de material náutico, material de pesca, reparación e embarcacións e efectos navais, e do 4,5 % das actividades portuarias de alugamento de embarcacións.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxas TODP con bonificación: 58.785,58 € anuais (IVE excluído).

Data da resolución: 17.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-46-24-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio publico portuario en superficie e do edificio 12.46.edf.002 (nave de redes) para o desenvolvemento da actividade de almacén e reparación de redes.

Porto: Aguiño.

Concesionaria: Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño.

Superficie concedida no título concesional: 2.321 m².

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 20.346,45 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,0 % das actividades portuarias de naves de reparación de redes.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxas TODP con bonificación: 1.017,32 € anuais (IVE excluído).

Data da resolución: 20.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-01-24-C-2.

Obxecto da concesión: regularización de estrutura non desmontable para terraza anexa a bar-restaurante.

Porto: Ribadeo.

Concesionaria: Rivas Tomé, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 227 m².

Investimento: 50.751,28 € (IVE incluído).

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 828,35 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e 7.688,32 € anuais en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos por terrazas de hostelaría.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 24.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-48-21-C-2.

Obxecto da concesión: ocupación de nave para almacenaxe e venda de envases de poliestireno para a pesca fresca.

Porto: Ribeira.

Concesionaria: A Poutada, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 207 m².

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 4.373,20 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de naves de almacenaxe.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 24.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-01-24-C-3.

Obxecto da concesión: regularización de liña eléctrica de media tensión e centro de transformación CT Auditorio, CT Gondán, CT Mirasol e CT Porcillán para subministración de electricidade.

Porto: Ribadeo.

Concesionaria: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (Begasa).

Superficie concedida no título concesional: 1.103 m².

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 2.896,14 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, 3 €/m² ano polas redes de fornecemento de enerxía a clientes mixtos (dentro e fóra da zona de servizo do porto).

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 24.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-19-22-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación de edificio para o desenvolvemento da fabricación de xeo.

Porto: Malpica.

Concesionaria: Confraría de Pescadores de Malpica.

Superficie concedida no título concesional: 511 m².

Investimento: 258.150 € (sen IVE).

Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 7.468,05 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de fabricación de xeo.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxas TODP con bonificación: 746,81 € anuais (IVE excluído).

Data da resolución: 24.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-01-24-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio publico portuario en superficie e parcialmente do edificio 14.01.edf.018 (nave almacenamento) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de almacén de material de instalacións eléctricas navais.

Porto: Ribadeo.

Concesionaria: Electricidad Hermanos Iriarte, C.B.

Superficie concedida no título concesional: 81 m².

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 2.106,81 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de naves de almacenaxe.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 28.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-01-24-C-5.

Obxecto da concesión: ocupación de edificio para almacén de maquinaria e oficina de consignación (14.01.edf.009 nave almacenamento).

Porto: Ribadeo.

Concesionaria: Pérez Torres Marítima, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 150 m².

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 3.331,79 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de oficinas e do 1 % das actividades portuarias de medios mecánicos vinculados ás actividades portuarias.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 4.7.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-03-23-C-3.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e dos edificios 13.03.edf.006 (nave frigorífica) e 13.03.edf.005 (nave almacén) para o desenvolvemento da actividade de procesamento de peixe, moluscos e crustáceos.

Porto: Vilaxoán.

Concesionaria: Pescadona, S.A.

Superficie concedida no título concesional: 7.577 m².

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: 35.739,51 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e, en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1,5 % das actividades portuarias de transformación e manipulación da pesca.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Data da resolución: 28.6.2024.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-05-24-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 14.05.edf.019 (nave de redes) e do medio mecánico guindastre ponte (14.05.mm.001) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de reparación de redes de arrastre e realización de feiras náutico-pesqueiras.

Porto: Burela.

Concesionaria: Confraría de Pescadores de Burela.

Superficie concedida no título concesional: 3.440 m².

Investimento: 487.500 € (sen IVE).

Prazo da concesión: trinta (30) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario unha cantidade de 54,79 €/día polo uso como nave de reparación de redes ou 154,11 €/día polo uso para realización de feiras náutico-pesqueiras; en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos, será unha porcentaxe do importe neto da cifra de negocio anual que corresponderá ao 1 % das actividades portuarias de naves de redes e do 2 % das actividades non estritamente portuarias de realización de feiras náutico-pesqueiras.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

Taxas TODP con bonificación: 2,74 €/día para o uso como nave de reparación de redes.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia