De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TR358A).
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
ANEXO
TR358A 2023 Entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas |
|||
Entidade beneficiaria |
NIF |
Concedido (2023) |
Aplicación orzamentaria |
Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia |
G36550630 |
88.945,00 € |
11.30.322C.481.3 |
Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar |
G94116993 |
81.722,88 € |
11.30.322C.481.3 |
Asociación de Traballadores por Conta Propia da Comunidade Autónoma de Galicia |
G15812811 |
85.105,26 € |
11.30.322C.481.3 |
Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores de Galicia |
G15987449 |
64.226,86 € |
11.30.322C.481.3 |