DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 24 de xullo de 2024 Páx. 44165

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 2 de xullo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 13 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro) para cualificar o proceso selectivo antedito,

ACORDOU:

Primeiro. Por la Resolución do 27 de febreiro de 2024 convocouse, segundo o previsto na base III.1.2.6 da convocatoria, a celebración do segundo exercicio do proceso selectivo o 13 de marzo de 2024.

De conformidade co disposto na base III.1.1.2 da convocatoria, o exercicio consistiu no desenvolvemento por escrito de dous temas, para elixir entre cinco obtidos mediante sorteo de entre os que figuran na parte específica do programa. En virtude do previsto nas citadas bases, por acordo deste tribunal do 27 de febreiro de 2024, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación do exercicio.

Rematada a fase da corrección dos exercicios, efectuada respectando os criterios aprobados, acórdase publicar as puntuacións considerando que superan o segundo exercicio as persoas convocadas que, logo da corrección, sumadas as cualificacións parciais de cada un dos temas escollidos pola persoa aspirante e superada a puntuación mínima en cada un deles (mínimo de 6 puntos en cada tema), acaden unha cualificación global do exercicio igual ou superior a 15 puntos sobre 30.

A publicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo atoparase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Segundo. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024

José Manuel González González
Presidente do tribunal