DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43658

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa Investigo (código de procedemento TR349V) da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se realiza a súa convocatoria para o exercicio 2024 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 6 de febreiro de 2024).

Primeiro. A Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, establece na disposición adicional primeira que a concesión das subvencións estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nestes programas. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 16 de xaneiro de 2024 establece no seu artigo 7.3 que as resolucións de concesión se ditarán por orde de presentación de solicitudes, unha vez realizadas as comprobacións de concorrencia da actuación subvencionable e o cumprimento do resto de requisitos exixidos, ata o esgotamento do crédito orzamentario asignado na convocatoria.

Na mesma liña, o artigo 15.7 recolle que será causa de denegación da concesión da subvención o esgotamento do crédito consignado, para estes efectos, na aplicación orzamentaria fixada no artigo 3.

Por outra banda, o artigo 13.2 sinala que, en aplicación dos principios de eficacia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e ao ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data en que se presentou a documentación completa requirida nas bases reguladoras.

Terceiro. A Orde do 16 de xaneiro de 2024 establece no seu artigo 3.1 que o financiamento se efectuará con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, a través dos créditos consignados na aplicación orzamentaria 13.30.322C.470.0, código de proxecto 2024 00077, cun importe de 4.817.400 €.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria indicada, ao abeiro do Programa Investigo (código de procedemento TR349V) da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se realiza a súa convocatoria para o exercicio 2024:

– Aplicación orzamentaria 13.30.322C.470.0: día 11.2.2024, 19.31.00 horas (expediente TR349V-2024-73-00).

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais