DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 22 de xullo de 2024 Páx. 43834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de Substitución de apoio na LMT ATI712 e instalación de RC.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoio na LMT ATI712 e instalación de RC, no concello de Mos, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 8 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/216-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución de apoio na LMT ATI712 e instalación de RC.

Concello: Mos.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

36033A02000176000SL

Generosa Vilaboa Carrera

2022/54/362