DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43307

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022, convócase o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 244, do 26 de decembro de 2022). Esta resolución foi modificada por Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo e DOG núm. 87, do 8 de maio de 2023).

A base III.2 da Resolución do 22 de decembro de 2022 dispón que os méritos enumerados na súa base III.1 deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, que foi o 26 de decembro de 2022. Estes méritos deberán acreditarse de conformidade co procedemento que se estableza por resolución da persoa titular da consellería competente en materia de función pública, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia núm. 42, do 28 de febreiro de 2024, publicouse a Resolución do 22 de febreiro de 2024 pola que se fai público o procedemento para a acreditacion dos méritos do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 e para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia. O prazo para a acreditación dos méritos ampliouse ata o 20 de marzo de 2024 mediante a Resolución do 8 de marzo de 2024 publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 52, do 13 de marzo de 2024.

A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, rematado o prazo de acreditación de méritos, o tribunal procederá á baremación do concurso coa colaboración técnica que precise do persoal da dirección xeral competente en materia de función pública, así como que, unha vez finalizada a fase de baremación, o tribunal publicará o baremo provisional con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron avaliadas de acordo coas previsións contidas na propia base.

De conformidade co exposto, en sesión celebrada o 12 de xullo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), modificada pola Resolución do 7 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32,3 3, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a baremación provisional do concurso de méritos das categorías profesionais de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Segundo. De acordo co establecido na base III.3 da convocatoria, as persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais perante o tribunal no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe de «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no que desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».

Terceiro. Sen prexuízo do cumprimento do disposto no punto sexto da Resolución do 22 de febreiro de 2024 (DOG núm. 42, do 28 de febreiro), as persoas aspirantes baremadas deberán ter en conta que a forma documental de acreditar os méritos neste proceso é a que figura no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

Para efectos informativos, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta publícase un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da letra c) do anexo III da devandita Resolución do 5 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal

ANEXO

Categorías de persoal laboral do grupo IV
nas que se publica o baremo provisional

Categorías profesionais

Cat. 7. Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

Cat. 20. Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

Cat. 21. Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría

Cat. 24. Xastre/a

Cat. 25. Cargador/a. Tremoísta

Cat. 31. Legoeiro/a

Cat.32. Operador/a codificador/a datos defensa contra incendios

Cat. 34. Axudante de restauración e proxección cinematográfica

Cat. 37. Oficial 2ª mecánico máquinas de defensa contra incendios forestais

Cat. 39. Auxiliar de autopsia