DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 19 de xullo de 2024 Páx. 43294

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Este tribunal, nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 230, do 4 de decembro) para cualificar o proceso selectivo, unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 27 de maio de 2024 pola que se deu publicidade ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo, en sesión do 8 de xullo de 2024,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar a única alegación presentada na súa totalidade.

Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal