DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 43012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/427-1).

Expediente: IN407A 2023/427-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de ITC no apoio proxectado nº 9 QNKP4X1//77 (LAMT 20 kV CBA805 Malpica 5).

Concello: Malpica de Bergantiños.

Feitos:

1. O día 9.10.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de incluír un elemento de protección e manobra telecontrolado na liña de distribución LMT CBA805 Malpica 5, procedente da subestación Cabana, na parroquia Vilanova de Santiso (San Tirso), concello de Malpica de Bergantiños, proxéctase instalar un interruptor telecontrolado nun novo apoio tipo metálico que substituirá un existente de formigón da dita liña, ademais da substitución dun tramo de condutor e o desmantelamento dun cortacircuíto XS doutro apoio existente.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado instalación de ITC no apoio proxectado nº 9 QNKP4X1//77 (LAMT 20 kV CBA805 Malpica 5), asinado o día 5.5.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado LE-1010; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 1.3.2024.

• BOP: 16.2.2024.

• Xornal La Voz de Galicia: 13.2.2024.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 27.3.2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Malpica de Bergantiños, como entidade afectada. No día desta resolución, non consta no expediente resposta á solicitude de informe.

5. O día 11.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas na parroquia Vilanova de Santiso (San Tirso), concello de Malpica de Bergantiños, e as súas características técnicas son as seguintes:

Substitución de condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 136 m, condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no apoio nº 9 QLV41VDE//76 existente da LMT CBA805 Malpica 5, procedente da subestación Cabana, e remate no novo apoio nº 9 QNKP4X1//77 tipo C-2000/16 en substitución do existente de formigón, en que se instalará un interruptor telecontrolado (ITC). Retensado do van posterior.

Substitución de condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 8 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 9 QNKP4X1//77 existente e remate no apoio nº 9 QNFH1L5//77-1, en que se desmantelará o cortacircuítos XS existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 13 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/427-1. Instalación de ITC no apoio proxectado nº 9QNKP4X1//77 (LAMT 20 kV CBA-805 Malpica 5).

Termo municipal de Malpica de Bergantiños.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

1

Descoñecido

4164239NH1946S0001QF

Lugar de Seaia

Novo apoio nº 77 (ITC)

2

Urbano. Solo sen edificar