DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 43047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de xullo de 2024 polo que se notifica o acto de ocupación e requirimento da folla de valoración en varios expedientes de expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración.

Tanto a acta previa como o depósito previo están ao dispor das persoas interesadas nas oficinas de expropiación da Consellería de Economía e Industria, Dirección Territorial da Coruña, Sección de Expropiacións, no Edificio Administrativo de Monelos, sito na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas. Deberán solicitar cita previa no teléfono 981 18 23 78.

A partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas afectadas disporán dun prazo de quince (15) días para chegar a un acordo coa empresa beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., chamando ao teléfono 981 01 45 00, Departamento de Tramitacións, Delegación da Coruña.

Rematado ese prazo sen acordo, disporán de vinte (20) días de prazo para presentar a folla de valoración en que valoren a indemnización que lles corresponde pola expropiación.

A Coruña, 4 de xullo de 2024

ANEXO

Expediente nº

Predio nº

Titular proposto

2022/318

1

Herdeiros de Lourdes López Seoane (Belén Fernández López)

2022/25

2

Teresa Mariño Ríos