DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 43007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 27 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador PS-DXIS-05-2024.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación, de acordo co previsto no artigo 42 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración ao descoñocerse o domicilio, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a notificación do acto quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado na referida resolución, a persoa interesada poderá interpoñer un recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, tal como prescribe o artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 27 de xuño de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PS-DXIS-05-2024.

Persoa interesada: NIE Y9046204L.

Acto de notificación: Resolución do 26 de xuño de 2024 de procedemento sancionador.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 94.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.