DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 18 de xullo de 2024 Páx. 42981

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 12 de xullo de 2024 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 13 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2024 (código de procedemento MR361A).

BDNS (Identif.:): 734522.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación da dotación orzamentaria

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2024, nos seguintes importes:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2024 (€)

Anualidade 2025 (€)

45.04.713D.770.0

201400658

1.000.000

1.034.624

Conforme isto, a dotación orzamentaria total para o financiamento desta orde é a seguinte:

Concepto orzamentario

Codigo de proxecto

Anualidade 2024 (€)

Anualidade 2025 (€)

45.04.713D.770.0

201400658

3.000.000

3.534.624

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 13 de decembro de 2023.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural