DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 17 de xullo de 2024 Páx. 42759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2024/142-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS e substitución CTI Quintana-Reboreda (36AZ06) por CTC.

Situación: Redondela.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56, de 18 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente A5MMUOCI//A5MMUOCI da LMTA RED7091259 e final no apoio proxectado C-2000/18.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 61 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000/18, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación compacto (CTC) a 250 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36045A020001690000WY, nas Cernadas.

Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio proxectado C-2000/18.

Retirada do centro de transformación intemperie Quintana-Reboreda (36AZ06).

A instalación está situada nas Cernadas, na parroquia de Reboreda, no concello de Redondela (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/
transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 25 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/142-4.

Denominación: LMTS e substitución CTI Quintana-Reboreda (36AZ06) por CTC.

Concello: Redondela.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Cernedas

Labor

36045A020001690000WY

Descoñecido

3,00

2,39

2

Cernedas

Viña

36045A020001730000WG

Hrdos. Ramón Lusquiños Montes

1

1,44

18,00

3,00

206,63

8,56

3

Cernedas

Urbana

4020105NG3842S0001AL

Daniel Couñago

18,00

172,23