DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42539

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo de promoción interna, polo sistema de concurso oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas do persoal de administración e servizos.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 15 de decembro de 2022 (DOG do 26 de decembro) mediante a que se convocou un proceso selectivo de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas do persoal de administración e servizos, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e polos estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVE:

Declarar aprobada e facer pública a relación definitiva de persoas admitidas no devandito proceso de selección, e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e, con carácter unicamente informativo, no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/convocatorias-pas

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de xullo de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo