DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Oleiros (expediente DH.W15.101641).

En cumprimento do previsto no artigo 78ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Ricardo del Alcázar Viladomiu.

DNI: ***6422**.

Expediente: DH.W15.101641.

Lugar: Santa Cruz.

Parroquia: Liáns (Santaia).

Concello: Oleiros ( A Coruña).

Descrición das actuacións:

Construción dunha vivenda illada de planta única e piscina na parcela de referencia catastral 4895439NH5949N0001JD.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, 15008 A Coruña, solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

A Coruña, 6 de xuño de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte