DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42628

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verea

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para o ano 2024.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 12 de xuño de 2024, aprobouse a oferta de emprego público, co seguinte detalle:

Persoal laboral

Denominación do posto

Auxiliar administrativo

Natureza

Laboral

Natureza persoal laboral

Fixo

Xornada

Completa

Titulación exixible

ESO ou equivalente

Sistema selectivo

Concurso-oposición

Núm. de vacantes

1

Réxime xurídico

Lexislación laboral, máis concretamente o Estatuto dos Traballadores, contrato de traballo, sen prexuízo das normas administrativas que son de aplicación ao persoal ao servizo das administracións públicas, especialmente a local.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Verea, 24 de xuño de 2024

José Antonio Pérez Valado
Alcalde