DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 19 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente 2020/13 ATE).

O 26 de marzo de 2024, a Xefatura Territorial (na actualidade Dirección Territorial) de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada modificado 1 do proxecto CT, LMT, peche TTL814 con SAR806.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta dirección territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Sarria, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 4 novembro de 2022 e no Diario Oficial de Galicia do 22 de novembro de 2022, para que comparezan o día 4 de setembro de 2024 no Concello de Sarria, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Sarria estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta dirección territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 19 de xuño de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Nº predio

Nome e apelidos

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Apoio

m2

ml aéreos

m2 aéreos

6

José Sánchez Rivera

8

231

Córneas

Monte alto e prado

30,0

7

Monte Comunal de Corvelle e de Seteventos

8

209

Coada

Prado

4

2,0

123,0

1.955,0

9

Hros. de Ángel López Páramo

6

473

Coada

Prado

5

2,0

61,0

978,0

10

Evaristo Mourín Villar

6

488

Devesa

Monte alto

6

2,0

65,0

1.046,0

11

Descoñecido

6

376

Cura

Monte alto

26,0

12

Descoñecido

6

366

Granxa Barredo

Monte alto

83,0

1.313,0

13

Luis Sánchez Sánchez

6

363

Barredos

Prado

79,0

1.244,0

14

Hros. de Ángel López Páramo

6

360

Barredas

Prado

7

2,0

48,0

771,0

15

Hros. de Manuel López

6

358

Barredas

Labor

8

2,0

77,0

1.150,0

16

Antonio Castro Castro e irmáns

6

359

Barredas

Prado

83,0

19

Luis Sánchez Sánchez

6

355

Barredas

Prado

25,0