DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiso (expediente IN407A 2023/163-1).

Expediente: IN407A 2023 163-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT e RBT lugar de Pedreira.

Concello: Santiso.

Feitos:

1 O día 27.3.2023 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración eléctrica no lugar de Pedreira, no concello de Santiso, por mor das subtensións da rede de baixa tensión alimentada polo centro de transformación CT Pena Posta (15A006, expediente 52.488). Proxéctase a instalación dun centro de transformación de 100 kVA de potencia, unha liña de media tensión soterrada que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT MEL704, procedente da subestación Melide, e a reordenación e reforzo da rede de baixa tensión existente.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT lugar de Pedreira, asinado o día 26.1.2023 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2,980 de Vigo, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2 O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 5 de xullo de 2023.

• BOP: 19 de xuño de 2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 21 de xullo de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 9.10.2023.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: o Concello de Santiso e o Servizo de Patrimonio Cultural.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 23.5.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, da Consellería e Economía e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE nº 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE nº 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Pedreira, concello de Santiso, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 15 kV, de 937 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº AWXC2GM3//D16-18-A37 existente tipo HV-1000-13, no cal se instalará un interruptor telecontrolado (ITC), da liña LMT MEL704, procedente da subestación Melide, situado entre a derivada ao CT Belmil (15A054, IN407A 2016/608-1) e a derivada ao CT Pena Posta (15A006, expediente 52.488), e remate no CTC proxectado.

– CT no lugar de Pedreira compacto prefabricado tipo rural, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de xuño de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados no concello de Santiso

LMT, CT e RBT lugar de Pedreira.

Parcela do proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Apoio/CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Manuel Varela Varela

15080A505011680000YT

Polígono 505,

parcela 1168

Pedreira

CT

e beirarrúa perimetral

14,97

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías