DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2023/277-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

– Peticionario: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

– Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9. 27003 Lugo.

– Denominación: enlace LAT Castro-LAT Pías.

– Situación: concello de Outeiro de Rei.

– Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Castro enlace con LAT Pías, con orixe no apoio núm. 1 proxectado tipo C-4500/14 en substitución do apoio 2A96959 e final no apoio núm. 10 proxectado tipo C-4500/14, cunha lonxitude de 1.129 metros en condutor LA-110 mm.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Castro derivación a CT 8794 Monte Maior, con orixe no apoio núm. 1 proxectado tipo C-4500/14 en substitución do apoio 2A96959 e final no apoio 2A94549 existente, cunha lonxitude de 89 metros en condutor LA-56.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Castro derivación a CT 4374 Igrexa, con orixe no apoio núm. 1 proxectado tipo C-4500/14 en substitución do apoio 2A96959 e final no apoio 2A98125 existente, cunha lonxitude de 78 metros en condutor LA-56.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Pías derivación a CT 4754 Castro, con orixe no apoio 211473 existente e final no apoio núm. 15 proxectado en substitución do apoio 211471, cunha lonxitude de 189 metros en condutor LA-56.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Castro a novo CT Castro, con orixe nun PAS situado no apoio núm. 10 proxectado na LAT Castro enlace con LAT Pías e final no CT Castro proxectado, cunha lonxitude de 385 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Pías a novo CT Castro, con orixe nun PAS situado no apoio núm. 15 proxectado na LAT Pías derivación a CT Castro e final no CT Castro proxectado, cunha lonxitude de 120 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado Castro cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe dun apoio de celosía, do apoio e da aparellaxe do CTI Castro 4754 e de 250 metros de condutor tipo LA-56.

– Finalidade da instalación: mellora da subministración.

– Orzamento: 214.435,17 euros.

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Outeiro de Rei.

• Separata para a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 4 de xullo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo