DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 2 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2024/00253.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, terase por desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo na Dirección Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008, A Coruña.

A Coruña, 2 de xullo de 2024

María Barreiro Lázare
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2024/00253

45849270N

162155651