DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivamento da solicitude de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2011/00208 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivamento da súa solicitude de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións relacionadas están á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalas no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 2 de xullo de 2024

María Barreiro Lázare
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2011/00208

Y1832193G

34956610Z

AC-2011/00733

Y1227977K

32790175H

AC-2009/01607

52435777D

52435807Q

AC-2011/00788

19752054

33248443B

AC-2012/00199

52930464N

AC-2008/00406

46917099C

AC-2012/00613

33284190Q