DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Area Longa IV, Arroas I, Con de Pego II, Frapelo II, Isabel I, Playa V, Playa VI, Santomé I, Torres I e Villa VI.

Antecedentes:

1. O día 27 de xuño de 2024, Mejillones Pilo, S.L. solicitou autorizacións para a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Area Longa IV, Arroas I, Con de Pego II, Frapelo II, Isabel I, Playa V, Playa VI, Santomé I, Torres I e Villa VI a María Hortensia Portela Piñeiro (***8569**).

2. O día 8 de xullo de 2024, a persoa titular da Dirección Territorial da Consellería do Mar en Vigo acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.

3. A persoa interesada achegou a documentación requirida para súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de María Hortensia Portela Piñeiro (***8569**), das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Area Longa IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 51.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 12.2.1952.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Arroas I.

Situación:

Cuadrícula nº: 2.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 2.4.1958.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Con de Pego II.

Situación:

Cuadrícula nº: 65.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 30.9.1957.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Frapelo II.

Situación:

Cuadrícula nº: 50.

Polígono: F.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 28.2.1958.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Isabel I.

Situación:

Cuadrícula nº: 18.

Polígono: D.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 31.3.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Playa V.

Situación:

Cuadrícula nº: 45.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 8.11.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Playa VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 105.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 10.3.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Santomé I.

Situación:

Cuadrícula nº: 19.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 3.6.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Torres I.

Situación:

Cuadrícula nº: 80.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 22.9.1965.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: Villa VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 100.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 2.2.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas da anterior desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 8 de xullo de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo