DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 16 de xullo de 2024 Páx. 42535

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se modifica o baremo para participar na convocatoria dun posto de xefatura de grupo do Servizo de Facturación a Terceiros, adscrito á Dirección de Recursos Económicos, publicada no DOG número 116, do 17 de xuño de 2024.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro de 2019), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o baremo para participar na convocatoria da praza de xefatura de grupo do Servizo de Facturación a Terceiros, adscrito á Dirección de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, publicada no DOG núm. 116, do 17 de xuño de 2024, recollido no anexo II da convocatoria, letra A), punto 3.1, da Resolución do 5 de xuño de 2024.

Segundo. No baremo de participación da convocatoria, anexo II, letra A) Avaliación do currículo profesional, punto 3.1 Formación recibida, da Resolución do 5 de xuño de 2024, constará como formación para baremar a formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero.

Terceiro. A modificación do baremo implica a apertura dun novo prazo para a presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria. Estas solicitudes presentaranse, preferentemente, no Rexistro Xeral da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo núm. 2 de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes que presentasen as súas solicitudes de inscrición na convocatoria no prazo inicial finalizado o 8 de xullo de 2024, e conten con máis formación para acreditar ata o día inmediatamente anterior á data da publicación desta resolución de modificación no DOG, poderán presentar e acreditar novos méritos de conformidade coa base 1.2.1 da convocatoria e o currículo profesional actualizado.

A experiencia profesional de todos os aspirantes presentados será baremada ata o día inmediatamente anterior á data de publicación desta resolución de modificación no DOG.

Pontevedra, 9 de xullo de 2024

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés