DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 15 de xullo de 2024 Páx. 42427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2022/70-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: regulamentación LMTA BCR807 apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes), no concello de Cervantes, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 1 de xullo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/70-2.

Proxecto: regulamentación LMTA BCR807 apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes).

Concello: Cervantes.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio

Apoio
Superficie m2

Data do acto

Hora do acto

Concello

1

61

5

Sobrecor

Monte baixo

MVMC de Albares e Serrado/ Repr.: Xurado Provincial de Montes de MVMC, Consellería do Medio Rural

268-A-10
268-A-11
268-A-12
268-A-14

8,0

19.9.2024

10.00

Cervantes